A CIG-Ensino e as demais OO.SS. retoman as accións de protesta ante a falta de resposta da Consellaría aos problemas dos traballadores e traballadoras da concertada

Os representantes de todos os sindicatos do Ensino Concertado (FSIE, FeSP-UGT, CCOO Ensino, FEUSO e CIG Ensino) retoman as accións de protesta en defensa dos máis de 7.000 empregados e empregadas, que levan 8 anos perdendo salario e dereitos

A CIG-Ensino solicítalle á Consellaría que amplíe a posibilidade de escoller entre dúas opcións na proba práctica das oposicións ao corpo de Mestres

Esta opcionalidade si aparece recollida no Anexo V da convocatoria que regula o proceso selectivo para os e as aspirantes que optan a prazas dos corpos de profesorado de Secundaria e de Formación Profesional

Novidades sobre as oposicións 2018

O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos celebrarase o día 23 de xuño de 2018, ás 9.00 horas.

A CIG-Ensino reclama un convenio digno e salarios xustos para as 2.000 persoas que traballan no sector da atención á discapacidade en Galiza

A central sindical esixe un convenio galego para garantir que se reflitan as peculiaridades deste sector no noso país

Publicada a convocatoria de oposicións ao ensino público galego

O prazo de presentación de solicitudes é do 22 de marzo ao 13 de abril

Información da mesa sectorial. A mesa desenvolveuse os días 20 de marzo e o 10 de abril

Directoras, atención preferente, excedencias coidado familiares, Currículo EOIs, PIALE, reintegro gastos individuais, licenzas de formación, filosofía no Bacharelato...

A CIG-Ensino demanda o remate do boicot da Xunta ao galego nas materias científicas

Nestes últimos días a Real Academia Galega vén de incorporar e actualizar 168 termos matemáticos no seu Dicionario grazas á colaboración dun grupo de persoas expertas a raíz dun encontro sobre terminoloxía matemática.

A CIG rexeita o Acordo retributivo dos sindicatos estatais co goberno do PP porque non inclúe a recuperación do que nos foi roubado

Cinco millóns de euros para formar cadros sindicais, a cara B da Mesa Xeral de Negociación ou a explicación das sinaturas

Concentración de delegadas e delegados da CIG Ensino polo XV Convenio Estatal de Atención a Persoas con Discapacidade

21 de marzo ás 12:30 horas en FADEMGA (Vía Pasteur 53-A Polígono do Tambre, Compostela)

O acordo de Montoro cos sindicatos estatais só permitirá recuperar un 0,48% anual do poder adquisitivo perdido até o 2020

Un acordo pactado, como vén sendo habitual, fóra das mesas de negociación

Publicada a nova orde de comisións de concilia

Nova orde coas novidades aprobadas na Mesa Sectorial

Masiva participación das docentes galegas no 8M

A CIG Ensino chama a participar nas mobilizacións da tarde

Servizos mínimos excesivos e inaceptábeis para a folga de mulleres

Non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga das mulleres que traballan para Educación

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
2026
DOG 23 Xuño 2026
Instrucións para o curso 2026-2027

A Consellaría publica as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2026/27.

Outros 23 Xuño 2026
Linguaxe administrativa

Convoca a Consellaría cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

Outros 23 Xuño 2026
Curtas 'Nós tamén creamos!'

Publicada na web da Consellaría a resolución da XIV edición dos premios a curtas de animación en galego do programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!"

Outros 22 Xuño 2026
Programa That's English!

Informa a Consellaría dos prazos de matrícula do programa de educación a distancia de inglés, That's English!, nas Escolas de idiomas para o curso 2026-2027.

Outros 22 Xuño 2026
Centros STEMBach

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros participantes no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2026/27.

Outros 22 Xuño 2026
Proxectos STEMBach

A web da Consellaría publica a resolución definitiva de centros e proxectos de investigación gañadores  do programa STEMbach no curso 2025/26.