A Consellaría de Educación xa non ten máis escusas: temos dereito a recuperar o noso horario lectivo.

A CIG-Ensino seguirá esixindo a volta ás condicións que tiñamos en 2009 antes da chegada de Feijóo á Xunta: 18 horas en Secundaria e 21 en Primaria

As mobilizacións na ESAD comezan a dar os seus froitos

Entre as demandas aceptadas está a restitución dunha praza e media do persoal recortado, o relevo do inspector e o recoñecemento das titorías dentro do horario docente

Apertura de listaxes en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas

O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles contados a partir de mañá 3 de outubro

Os acordos salariais deste ano déixannos máis de medio punto por baixo do IPC

Os acordos retributivos dos sindicatos estatais co anterior goberno do PP en Madrid situarán a suba nun 1,62% de media en todo 2018, cando o IPC xa está no 2,2% a finais de setembro.

Nais e pais do alumnado do IES de Brión seguirán mobilizándose para “recuperar o que se recortou” no centro

A CIG-Ensino seguirá presionando para que este e todos os centros de Galiza teñan profesorado suficiente

A CIG-Ensino chama á nova conselleira de Educación a facer os deberes e mudar coa política educativa do goberno

O sindicato agardará a coñecer os primeiros pasos da nova conselleira malia desconfiar da vontade do goberno Feijóo de introducir os cambios e medidas demandadas polo profesorado galego

A ESAD segue na loita

Venres haberá unha reunión entre inspección provincial e a dirección do centro

A CIG-Ensino apoia o profesorado e a ANPA do IES de Brión na súa demanda de máis persoal docente

Este centro é un símbolo dos recortes realizados na etapa Feijóo dado que malia ter 180 alumnos e alumnas máis que hai 10 anos conta co mesmo cadro de persoal

Mantéñense as esixencias de máis persoal para a ESAD após tres días de folga e unha nova concentración esta mañá en Vigo

O vindeiro luns está prevista unha reunión co xefe territorial e manteranse as mobilizacións no centro até que se resolva

A CIG-Ensino denuncia problemas de subministro nunha vintena de comedores escolares pola falta de xestión da Consellaría

Ademais da falta de persoal docente, que levou á convocatoria de folga e peches nalgúns centros, tamén se están producindo numerosas incidencias nos comedores sobre todo nos de ámbito rural.

A ESAD eleva as esixencias ao Conselleiro de Educación despois de tres días de folga unánime

Profesorado e estudantado protestaron por segundo día consecutivo ante a sede da Xunta en Pontevedra

Continúan as queixas pola falta de docentes nos centros educativos de Compostela

Despois dunha semana familiares e alumnado do IES de Brión manteñen o peche en demanda dos tres docentes necesarios para garantir a oferta de optativas e de PMAR prevista para este curso

A CIG-Ensino demanda a recuperación da xornada lectiva docente, un plan de estabilidade para o persoal interino e a regulamentación das materias afíns

O sindicato convocou esta mañá unha concentración fronte á Xunta para interpelar directamente a Feijóo para que “deixe de ser o campión dos recortes” e lle devolva os dereitos deturpados ao profesorado galego.

Quizais quixo dicir:

< Abril 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      
2026
DOG 6 Abril 2026
Ordenación xeral da FP

A Consellaría publica unha corrección de erros no Decreto que estabelece a ordenación xeral da FP. 

DOG 30 Marzo 2026
Acceso a ciclos formativos

Publicada a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP para o ano 2026.

DOG 27 Marzo 2026
Avaliación de diagnóstico

Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e ESO para o curso escolar 2025/26.

DOG 27 Marzo 2026
Concurso de orientación

Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos centros de infantil, primaria e de educación especial.

Outros 26 Marzo 2026
Programa Impulso mentor

Resolución definitiva cos centros seleccionados do Programa piloto “Impulso Mentor” para o curso 2025/26.

DOG 25 Marzo 2026
Ordenación xeral da FP

O DOG publica o Decreto polo que se estabelece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.