Concentración en Miño para esixir a readmisión dunha traballadora da "Ceboliña" e o cese das represións

Situación da negociación do Convenio de Educación Infantil

A CIG realizou unha concentración esta mañá diante da Escola Infantil "A Ceboliña" de Miño,  para denunciar o despedimento dunha educadora por reclamar os seus dereitos, a persecución que Novo Alicerce (empresa que xestiona o centro) está a exercer sobre o resto de traballadoras da escola e os reiterados incumprimentos laborais.

Situación da negociación do Convenio de Educación Infantil.

Desde a CIG-Ensino non permitiremos que se vendan os traballadores e traballadoras do sector de infantil, tal e como demostramos nesta e noutras situacións.

Seguiremos reivindicando onde faga falla, con mobilizacións e folgas se é preciso, unha mellora substancial do convenio nas seguintes mesas de negociación e non apoiaremos que se aproben acordos miseria como é o modus operandi doutras organizacións sindicais.

A situación actual da negociación ten un máximo responsábel, o sindicato CCOO que se negou a incorporar as nosas propostas de melloras laborais e salariais na negociación do convenio de Educación Infantil, pregándose ás “rebaixas de dereitos” que oferta a patronal.

Así mesmo, cando a CIG-Ensino lles propuxo ás outras organizacións sindicais presentes na Plataforma reivindicativa levar a cabo mobilizacións para presionar e facer fronte común á involución que pretendían as empresas, quedámonos sós nesta proposta.

Agora, CCOO convoca en solitario unhas manifestacións para lavar a súa cara diante dos traballadores e traballadoras e para tapar a súa permisividade e pasividade nas once mesas de negociación que se levan celebrado até o momento. Está claro que é unha mera estratexia propagandística porque á vez están negociando pola porta de atrás coa patronal.

A central reclamou a intervención urxente do Concello de Miño e que obrigue a Novo Alicerce a respectar os dereitos laborais.

A CIG realizou unha concentración esta mañádiante da Escola Infantil "A Ceboliña" de Miño,  para denunciar o despedimento dunha educadora por reclamar os seus dereitos, a persecución que Novo Alicerce (empresa que xestiona o centro) está a exercer sobre o resto de traballadoras da escola e os reiterados incumprimentos laborais.

Para a CIG-Ensino este despedimento supón unha clara represión contra a traballadora e un intento de amedrentar ao resto das súas compañeiras para que non reivindiquen os seus dereitos nin se organicen. Hai que lembrar que a decisión da empresa de rescindirlle o contrato a educadora chegou ao pouco do persoal comunicar a súa intención de convocar eleccións sindicais.

Reunión co alcalde de Miño.

Para abordar a situación da escola, a CIG mantivo unha reunión este xoves do alcalde de Miño a quen lle informou dos reiterados incumprimentos laborais de Novo Alicerce (atrasos nos pagos, non respecto aos dereitos recollidos no convenio colectivo, persecución e ameazas ao persoal, etc.) e lle reclamou a súa mediación ante a gravidade do conflito. Por parte do Goberno municipal comprometéronse a falar coa empresa adxudicataria para tentar reconducir e regularizar a situación e para que se respecten todos os dereitos das traballadoras.

A CIG-Ensino insistiu en que continuará pelexando pola readmisión da traballadora despedida e para que Novo Alicerce cumpra coas súas obrigas laborais, mais daralle unha marxe de tempo ao Concello para que faga as xestións oportunas. Neste senso, a central tamén trasladou a súa disposición a abrir unha mesa de diálogo coa empresa para chegar a acordos entre as partes.

Porén, de non producírense avances nas próximas semanas para resolver satisfactoriamente as demandas sociais, a CIG intensificará as mobilizacións e demandarase pola vía xudicial a reincorporación da traballadora despedida.

Incumprimentos prolongados no tempo.

Hai que subliñar que as traballadoras da escola infantil levan tempo padecendo atrasos nos pagamentos das nóminas, pasando de un a dous meses sen cobrar e sen recibir copia das nóminas; os incumprimentos do convenio son constantes e a empresa, entre outras cuestións, non lle permite ao persoal o uso gratuíto do comedor, non lles facilita a roupa de traballo e non respecta o calendario laboral, nin a antigüidade.

Estes incumprimentos xa foron denunciados tanto diante da Inspección de Traballo como no Concello de Miño, quen non adoptou ningunha medida para obrigar a empresa concesionaria a respectar os dereitos das traballadoras. Ante esta falta de actuacións, as traballadoras decidiron organizarse coa CIG e convocar eleccións sindicais. "Nese momento, a persecución incrementouse e foi cando a empresa decidiu despedir a esta traballadora, coa intención de amedrentar ao resto de compañeiras e que desistan de facer eleccións", subliña a CIG-Ensino. Non parecéndolle abondo o despedimento, Novo Alicerce iniciou unha campaña de ameazas, acoso e presión ás traballadoras a través de reunións individuais e colectivas.

Concentración apoio despedida escola A Cebolinha e negociación do convenio de educación infantil

Documento


Volver