A CIG-Ensino demanda unha solución aos contratos de investigación dependentes da Universidade.

Tras xestións realizadas coa Secretaría Xeral de Universidades o sindicato puido saber que se abordou a situación dos contratos do persoal investigador coas tres universidades e que mañá se detallarán os acordos para cada unha das categorías

A Xunta de Galiza segue a discriminar a unha parte do profesorado universitario nos complementos autonómicos

Unha nova sentenza xudicial denega o cobro dos complementos autonómicos ao profesorado colaborador

Unha reunión que chega 6 semanas tarde e non abre expectativas de cambio na Consellaría de Educación

As organizacións sindicais agardamos case un mes e medio para que a máxima responsábel en materia educativa mantivese unha reunión moi demandada e que se limitou a un acto unicamente formal que só tería sentido que se producise ao inicio do confinamento

A CIG realiza protestas simbólicas nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo

Estas accións despois de semanas de presentar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas

Oposicións aprazadas: a Consellaría réndese á evidencia mais mantén a inscrición

Finalmente foi no Parlamento Galego onde Pomar rectificou e anunciou que se aprazan ao 2021 as oposicións previstas para o mes de xuño, todo despois de manter unha posición numantina, insostíbel e imprudente durante semanas

Un 61% do profesorado afirma ter problemas para conectar co seu alumnado e a práctica totalidade suspende a actuación da Consellaría nesta crise

Os datos extráense dunha enquisa realizada pola CIG-Ensino entre o día 11 e o 16 de abril e que contou coa participación de 6.352 docentes

Convocada videoconferencia da conselleria con organizacións sindicais e ANPAs

Vimos de recibir unha convocatoria para unha reunión coa conselleira de Educación para o xoves 23 de abril ás 17 horas. Nesta reunión participarán organizacións sindicais con representación no ensino público e no concertado así como federacións de ANPAs

Novas instrucións provisionais da Consellaría

Para estas instrucións non era necesaria a espera

O terceiro trimestre comeza cunha Consellaría paralizada

O martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre e toda a comunidade escolar segue sen instrucións da Consellaría

Hai que aprazar as oposicións docentes

Todo o demais é someter a miles de persoas a un engano.

Información da reunión sindical co ministro de Universidades

A CIG, organización sindical maioritaria en Galiza, participou na tarde do día 8 de abril nunha xuntanza telemática co Ministerio de Universidades, Manuel Castells, o Director Xeral de Universidades e a Directora de Gabinete do ministerio

Quizais quixo dicir:

< Maio 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 13 Maio 2025
Resolución definitiva do CXT de secundaria

A web da Consellaría publica a resolución definitiva do concurso de traslados do corpo de secundaria e outros.

Outros 12 Maio 2025
Vacantes definitivas do CXT

Publicadas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados do 2025.

Outros 12 Maio 2025
Corrección de erros na matrícula das oposicións

A Consellaría publica unha corrección de erros referida ás listaxes de persoal admitido e excluído do corpo de secundaria nas oposicións do 2025.

Outros 8 Maio 2025
Profesorado admitido nas oposicións

A web da Consellaría publica as listas definitivas de persoal admitido e excluído das oposicións docentes do 2025.

Outros 7 Maio 2025
Investigación no STEMBach

Publica a Consellaría a relación provisional de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2024/25.

BOE 7 Maio 2025
Estancias en centros europeos

O BOE publica a convocatoria de 120 prazas para a realización de estancias profesionais en centros educativos de Alemania, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suiza para o curso 2025/2026.