Confinemos o protocolo da Consellaría

Cadea humana: martes 28 de xullo ás 11:30 horas ao redor da Consellaría

Desde as organizacións da mesa sectorial, queremos agradecer a implicación e o esforzo de todo profesorado coa alta participación na cazolada en contra do protocolo da Consellería de Educación do pasado mércores 22 de xullo. GRAZAS por berrar connosco contra un protocolo que non atende a motivos pedagóxicos nin sanitarios e que restrinxe os dereitos do profesorado, atribuíndonos funcións que non nos son propias.

 

Precisamos novamente da participación de todas e todos para eliminar de raíz este protocolo e obrigar á Consellería a elaborar un que sexa consensuado e que atenda ás necesidades e á realidade da comunidade educativa galega. 

O vindeiro MARTES 28 DE XULLO ás 11:30 horas seguimos adiante coas mobilizacións  e confinaremos o protocolo cunha cadea humana ao redor da sede da Xunta. Comezaremos o acto diante da Consellería para, ordenadamente e mantendo a distancia de seguridade, cercar San Caetano e confinar o protocolo dentro da Consellería, de onde nunca debeu saír e onde queremos que volva. 

NON ESQUEZAMOS AS NOSAS CAZOLAS para que escoiten o noso malestar desde dentro da Consellería. Tamén propomos irmos con elementos de traballo propios do profesorado: batas, mandilóns de cores, instrumentos musicais, chándal, pelota, probetas ...

Quen non teña posibilidade de asistir, sempre pode participar nas redes sociais e facer unha foto co seu material de traballo, con máscara, con pantalla ou como se lle ocorra e subila ás redes sociais co cancelo #EscolaContraCovid.

 

Volver