A Xunta desoe o clamor docente e social e dá luz verde ao protocolo covid-19

O mesmo día no que centos de docentes e representantes de ANPAs se concentraban para mostrar o rexeitamento da comunidade educativa, a Consellaría fixo público o protocolo co que pretenden saír ao paso da crise sanitaria e educativa

Nin un paso atrás. Esa é a declaración de principios que desde a CIG-Ensino queremos facer extensiva a todo o profesorado galego así como a todo o resto do persoal, alumnado e familias implicadas na defensa da presencialidade como esencia da educación mais sempre que veña acompañada da máxima medidas de seguridade.

A provocación da Xunta parece non ter límites. Coa sinatura da conselleira de Educación e o titular de Sanidade do protocolo rexeitado pola totalidade das organizacións sindicais, confederacións de nais e pais así como polos partidos da oposición, fan de novo ouvidos xordos ao clamor social e a máxima preocupación que trasladan a toda a comunidade educativa.

Porén, a resposta non vai cesar. A publicación do protocolo evidencia unha fuxida cara adiante, unha nova marca na irresponsabilidade da Xunta que non pode nin debe quedar sen reacción. Despois da importante participación a CIG-Ensino e as demais organizacións sindicais da Mesa manteñen a concentración para o martes 28 ás 11:30 diante de san Caetano como antesala ao que será un chamamento a dar resposta centro a centro de todas as persoas afectadas directamente pola neglixencia e temeridade da Consellaría.

A presencialidade segura, a teledocencia forzada con igualdade de condicións e a nosa saúde están en xogo. Coa forza de todas e todos combateremos esta vergoña.

Volver