
Mesa sectorial o xoves 16
Proxecto de Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021
A Consellaría de Educación vén de remitir, con menos de 48 horas de antelación ao inicio da Mesa Sectorial, o borrador do protocolo para o inicio do curso escolar.
Como é obvio, a Xunta tiña perfectamente deseñada a estratexia a seguir e decidiu agardar a que pasasen as eleccións autonómicas para facer público o documento. Se isto de por si é proba de como usa o PP as institucións, que se achegue con tan escasa antelación ás organizacións sindicais, é un novo síntoma de que a nova lexislatura comeza como rematou a anterior: coa prepotencia e coa nula vontade negociadora da Consellaría de Educación.
Orde do día:
1 Proxecto de Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021.
Ligazón ao documento
2 Rogos e preguntas.
Novas relacionadas