MUFACE comprométese coa CIG a ter en galego a sede electrónica e a nova web

Na última reunión do Consello Xeral de MUFACE o sindicato nacionalista volveu insistir en que a sede electrónica da entidade segue unicamente en castelán, o que supón un desprezo para as linguas oficiais como o galego

A CIG-Ensino insta ao Ministerio e á Consellería a negociar xa a convocatoria de oposicións docentes de 2018

Ante a parálise do Ministerio de Educación, a Xunta debe dar un paso adiante e convocar unha Mesa Sectorial que permita aprobar a convocatoria de oposicións e as especialidades antes de finais de ano.

A CIG-Ensino insta á Consellaría a solucionar a problemática dos libros de texto no CEIP Santa Baia de Boiro

Tanto o centro como a ANPA denuncian que os libros están en moi mal estado despois de tres anos de uso e que están desfasados ao non adaptarse á LOMCE.

Feijoó lanza anuncios “fume” de oposicións no Parlamento sen concretar as prazas docentes para 2018

A CIG-Ensino chama a atención sobre a ausencia no discurso do presidente da Xunta de propostas encamiñadas á recuperación dos dereitos que nos foron subtraídos nos últimos anos e que afectaron a todo o profesorado galego e á propia calidade do ensino.

A Xunta adía cada vez máis o pagamento das axudas de normalización lingüística que reciben os centros

A CIG-Ensino pídelle á administración que incremente a dotación destas axudas para poder programar minimamente actividades que promocionen o uso do galego entre a comunidade educativa

A CIG denuncia irregularidades, escurantismo e desorde nas listas de contratación do Consorcio

Nin o xerente nin a dirección xeral da función pública cumpren os seu compromisos

A CIG-Ensino pon de manifesto que os centros educativos están notando os recortes de profesorado e de medios neste inicio de curso

O Consello Federal do sindicato reuniuse esta mañá en Compostela para pór enriba da mesa todos os problemas que lles están a trasladar desde os centros educativos neste inicio de curso e que desembocan, moitos deles, na dificultade para fixar os horarios

Homenaxe a Anxo Louzao

Sábado 30 de setembro ás 14 horas

A CIG non asinará acordos sobre condicións laborais do persoal público que non supoñan recuperar dereitos

O Goberno español adiou a Mesa de Negociación das Administracións Públicas até a próxima semana

O curso escolar comeza con aumento da provisionalidade, do profesorado interino e menos funcionarios de carreira

Delegados/as da CIG-Ensino concentráronse diante da consellaría de Educación para denunciar os recortes no ensino público

Aberto o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal docente

A Consellería de Educación dá de prazo 20 días naturais para adherirse á campaña de vixilancia da saúde mediante inscrición telemática

Quizais quixo dicir:

< Maio 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 8 Maio 2025
Profesorado admitido nas oposicións

A web da Consellaría publica as listas definitivas de persoal admitido e excluído das oposicións docentes do 2025.

Outros 7 Maio 2025
Investigación no STEMBach

Publica a Consellaría a relación provisional de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2024/25.

BOE 7 Maio 2025
Estancias en centros europeos

O BOE publica a convocatoria de 120 prazas para a realización de estancias profesionais en centros educativos de Alemania, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suiza para o curso 2025/2026.

Outros 7 Maio 2025
Interinidades en Portugués e Lingua Galega e literatura

A web da Consellaría publica a relación provisional de profesorado admitido e excuído para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de secundaria de Portugés e Lingua Galega e literatura.

Outros 7 Maio 2025
Interinidades na EOI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións para impartir Galego e Portugués na EOI.

DOG 5 Maio 2025
Novas seccións bilingües

Publica o DOG a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2025/26.