
Publicada a nova resolución provisional do CADP de secundaria
Reclamacións e renuncias até o 3 de setembro na sede electrónica da Xunta
Resolución provisional Secundaria publicada o 31 de xullo
Adxudicación provisional Secundaria publicada o 31 de xullo
O persoal concursante poderá presentar reclamacións ou renuncias á resolución provisional até o 3 de setembro.
As reclamacións ou renuncias formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De formular a reclamación ou a renuncia presencialmente, a persoa que a formule presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda