Que facer unha vez aprobaches as oposicións
Antes de nada celebralo e despois...
Se aprobas terás que solicitar praza para a realización da fase de prácticas o curso que vén en canto se fagan públicas as listas de persoas aprobadas. Só tes dous días hábiles.
Este curso só se pode facer a través da sede electrónica da Xunta.
Para isto precisarás un correo @edu.xunta.es, se non o tes ponte en contacto coa Unidade de atención a centros (UAC): ligazón
- Teléfono: 881 99 77 01
- Fax: 881 99 77 88
- Correo electrónico: uac@edu.xunta.es
Tamén precisas un certificado de seguridade ou a chave 365, pero xa o tes de cando te matriculaches, é un proceso similar.
Para solicitar a praza unha vez teñas os certificados e correos tes que entrar na seguinte ligazón e cubrir os centros, se precisas axuda estamos nos locais para axudarche, se es interina ou substituta xa ves que non é nada novo.
A solicitude terás que facela a través da aplicación CADP na web da Consellaría (https://www.edu.xunta.es/cadp/) e rexistrala na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/).
Agora xa está feito o que é urxente, así que a celebralo de verdade e esperar a que saias no DOG como aprobada.
Unha vez que saias no DOG, tes 20 días para presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanosos seguintes documentos:
- Certificado médico. Chega co certificado impreso polo SERGAS, xa non é necesario o da FNMT (o dos estancos)
- Declaración responsábel. Ligazón ao Anexo VI, modelo de declaración responsábel, Ligazón a outro modelo de declaración responsábel.
- Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais (só no caso de ter denegado expresamente a consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais cando te matriculaches para as oposicións). Ligazón
Agora só che queda a toma de posesión, faise no centro no que obteñas destino. A data da toma de posesión será o 1 de setembro no corpo de mestres e na data fixada para o inicio da impartición efectiva dasclases nos restantes corpos. Desde o centro remitirán a documentación á Xefatura Territorial correspondente.
E por último e xa canto teñas na man o nomeamento de funcionaria en prácticas tes que pasar pola sede provincial de MUFACE para causar alta como mutualista e elixir a entidade médica (SERGAS, entidade privada). Cada ano, no mes de xaneiro e xuño poderás cambiar de entidade. Non fai falla dicirche que desde a CIG animámoste a escoller o SERGAS.
Tes toda esta información e outra no CIG Informa que che repartimos o día da presentación das oposicións, CIG Informa que podes descargar desde esta ligazón
Ahh! e queda un paso non menos importante, afiliarte á CIG Ensino para sermos máis fortes.