
O 8M nas aulas
Material didáctico para traballar nas aulas de educación primara e educación secundaria de cara ao día da muller traballadora

A CIG-Ensino anima o profesorado a sumarse á campaña #AbrideAFiestra a Rosalía da Asociación de Escritores en Lingua Galega
A campaña propón agasallar cun libro e cunha flor así como a realización de múltiples actividades nos centros educativos para comemorar o nacemento da autora que lle abriu a fiestra ao galego despois de séculos de ocultación e de abandono.

Grazas ao traballo da CIG Ensino a Consellaría aumenta, en máis de 200 as prazas para a adxudicación provisional do Concurso Xeral de Traslados
O número de prazas segue sendo insuficiente para rematar coa grande provisionalidade do profesorado galego
Información da mesa sectorial do 20 de febreiro
Oposicións a Cátedras de música, Concurso a prazas de convenios e Varios

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia o desleixo da Consellaría na xestión educativa ordinaria
A Plataforma cita dous exemplos recentes: o envío de ordenadores aos centros sen un sistema que permita cargalos, e o transporte escolar, que está deixando de ser un servizo educativo para supeditarse á conveniencia económica das empresas do sector

A CIG-Ensino abre o prazo para inscribirse no I Encontro Luso-Galaico sobre educación que se celebrará en Portugal o 3 de marzo
A central nacionalista, maioritaria no ensino público galego, coorganiza o I Encontro Luso-Galaico, xunto co Sindicato de Professores do Norte (SPN) de Portugal, que forma parte da FENPROF, tamén maioritaria entre o profesorado portugués.

Desmontando as cifras da “grande” oferta de emprego no ensino público
A CIG-Ensino denuncia que as cifras presentadas pola Consellaría na Mesa Sectorial están feitas a medida da propaganda do Partido Popular e poñen en risco centos de postos de traballo de persoal interino

Do MIR, o sistema educativo, os globos sonda e a precariedade
A CIG-Ensino critica que o partido que executou os recortes máis lesivos no ensino público e que mantén a perda de dereitos do profesorado pretenda cargar sobre o profesorado os problemas que causaron os propios gobernos do PP

Información da mesa sectorial: oferta de emprego público e convocatoria de oposicións
As oposicións de 2018: prepotencia, insuficiencia, precariedade e inestabilidade

A Consellaría volve mirar para outro lado deixando a responsabilidade nos equipos directivos
No lugar de dar instrucións aos centros polo temporal destes días limítase a solicitar informe de incidencias

A CIG-Ensino quenta motores para a Folga de mulleres do 8 de marzo e chama a participar as miles de traballadoras galegas deste sector
Tan só no ensino público as mulleres supoñen o 70% deste colectivo, sumando arredor de 21.000 en total.
páxina 131 de 311
⚠️ A CIG-Ensino detectou e comunicou á administración que na resolución definitiva do CXT de mestres non eliminaron o persoal que lle fora adxudicada praza no Concurso de Orientación de Primaria.
‼️ Desde a administración comunicáronnos que van analizar as posíbeis solucións e que ao longo da mañá trasladarannos a decisión tomada.
Actualización: A subdirección de Centros e Recursos Humanos da Consellaría trasládanos que son un máximo de 8 casos os detectados, que están analizando a situación e ver que medidas arbitrar.
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |