Vacantes de Secundaria para a súa negociación
Entregadas pola Consellaría hoxe, mércores, 12 de decembro de 2018
O documentos anexos (vacantes por centros e vacantes por especialidades) son, en palabras da administración, as vacantes do Concurso Xeral de Traslados do ano pasado sen traballar, só se retiraron as que xa están cubertas, polo tanto poden sufrir moitas variacións.
Nestas vacantes tamén se incluíron as xubilacións efectivas a 31 de decembro de 2018 e as xubilacións forzosas -70 anos- previas a 31 de agosto de 2019.
Datas negociacións.
Na reunión na que a Consellaría nos entregou os documentos anexos fixáronse dúas datas de importancia.
18 de xaneiro de 2019 para enviar desde as organizacións sindicais as achegas á proposta de traballo da administración.
29 de xaneiro de 2019 ás 10 da maña reunión para comezar as negociacións.
Polo tanto desde a CIG Ensino abrimos de novo un período de achegas utilizando o seguinte formulario
Se xa o fixeches non fai falla que o volvas facer.