#oMachismoMata

#QuerémonosLibres

Ante os continuos ataques e agresións que sofren as mulleres, vítimas da sociedade patriarcal que ampara este tipo de violencias, e o terríbel asasinato da nosa compañeira docente Laura Luelmo, animamos o profesorado galego a participar nas concentracións previstas diante dos centros durante o recreo en repulsa por este crime e por todas as accións que denigran e atentan contra as mulleres. 

Así mesmo, aproveitamos para lembrar a necesidade de abordar de forma transversal a coeducación e a igualdade no sistema educativo galego cunha aposta decidida por parte da administración e coa asignación de recursos específicos para este fin. 

Volver