Mondra porá o ramo á manifestación unitaria pola lingua do 23F en Compostela

A marcha partirá este domingo ás 12h da Alameda e percorrerá as rúas da cidade ata o Obradoiro ao berro de “Lingua vital xa!"

A Consellaría segue desprezando as necesidades do ensino público de Ferrol

A CIG-Ensino de Ferrolterra esixe á Consellaría e a inspección que actúen e teñan en conta as necesidades educativas do ensino público na comarca

Nova concentración diante da Escola Merlín

A CIG-Ensino considera totalmente inxustificado o despedimento da educadora por causas de produción xa que a empresa terá que contratar a outra traballadora para seguir a dar o mesmo servizo

Convocadas as oposicións docentes

Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de febreiro ao 10 de marzo

A comunidade educativa galega, unida no apoio á manifestación do 23F

Lingua Vital Xa! Paremos a emerxencia lingüística

Correlingua cumpre 25 anos

A festa da lingua percorrerá 11 cidades galegas con música, carreiras e outras actividades coa finalidade de seguir combinando reivindicación e lecer e de aglutinar a miles de estudantes arredor da normalización do galego.

As traballadoras das escolas infantís municipais da Coruña reivindican salarios e condicións dignas "para poder ensinar mellor"

Critican a actitude do concelleiro de Educación por negarse a negociar a táboa reivindicativa e dar a calada por resposta

IV Xornadas de Normalización Lingüística

O pasado sábado, 25 de xaneiro de 2025, celebráronse en Santiago de Compostela as IV Xornadas de Normalización Lingüística baixo o lema "O galego en situación de emerxencia lingüística".

O Ministerio pretende adiar até 2027 o comezo dos cambios nos corpos docentes das ensinanzas artísticas

A proposta do calendario de aplicación da Lei 1/2024 foi colgada na web do Ministerio sen presentala e negociala antes cos sindicatos

Apróbase a recuperación da xubilación forzosa para o PDI laboral nas universidades públicas galegas

A CIG-Ensino asina, xunto co resto de sindicatos, un acordo que recolle a exixencia do sindicato de que non se perda ningún posto de traballo.

A CIG-Ensino convoca asembleas abertas a todo o persoal do sector infantil 0-3

Ante a situación de bloqueo patronal e rotas as negociacións do XIII convenio estatal de infantil 0-3, toca valorar a situación actual na Galiza e tomarmos decisións

A Consellaría de Educación ten que rematar coa discriminación salarial entre o profesorado de FP

A CIG-Ensino solicitou na Mesa Sectorial por enésima vez que a Xunta atenda as demandas dun colectivo de arredor de 300 docentes entre persoal fixo e interino con contrato durante todo este curso académico

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 27 Xuño 2025
Prazas sometidas a convenio e programas da Consellaría

Convocado o concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.

Outros 27 Xuño 2025
Plurilingüismo en FP

A web da Consellaría anuncia a listaxe provisional de novos centros de FP para o curso 2025-2026.

Outros 27 Xuño 2025
Comisións por conciliación

Na web da Consellaría publícase a resolución provisional de comisións de servizos admitidas e excluídas en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.

Outros 26 Xuño 2025
Programa That's English!

A Consellaría anuncia a apertura do prazo para a matrícula no programa 'That's English!'

Outros 26 Xuño 2025
Novas seccións bilingües

Relación provisional na web da Consellaría coas novas seccións bilingües para o curso 2025/2026.

Outros 26 Xuño 2025
Instrucións da Consellaría

Publica a Consellaría instrucións para a dotación con carácter excepcional de recursos de persoal docente nos centros docentes públicos.