Milleiros de estudantes de arredor de 180 centros e 12 localidades: "co galego no corazón fíxose a revolución"

Rematou a 26 edición da festa das festas reivindicativas pola lingua na que maior número de alumnado participa cada ano en Galiza e fíxoo demostrando que hai futuro para o galego e que a cativada e a mocidade amosan o seu orgullo por falalo e defendelo.

Primeira semana do Correlingua con miles de rapaces e rapazas celebrando o galego polas rúas de Compostela, A Coruña e Moaña

En total foron 44 centros de ensino con alumnado desde infantil até Formación Profesional os que participaron nas carreiras e festas pola nosa lingua nestas tres localidades. Para a semana será a quenda de Monforte o mércores 13 e A Estrada o venres 15.

Arranca o Correlingua 2026 baixo o lema “Co galego no corazón facemos a revolución”

Hoxe ten lugar en Compostela a primeira das 12 carreiras e festas que ateigarán de reivindicación e de celebración da nosa lingua a partes iguais vilas e cidades galegas e que teñen o estudantado como protagonista.

O CORRELINGUA chega á súa 26º edición con máis forza ca nunca.

A festa da lingua percorrerá 12 cidades galegas con música en directo, xogos, carreiras e outras actividades coa finalidade de seguir combinando reivindicación e lecer e de aglutinar a miles de estudantes arredor da normalización do galego.

Máis de 14.000 estudantes participaron este ano nas actividades do Correlingua en once localidades galegas

No ano en que cumpre un cuarto de século de vida, o Correlingua demostrou a súa vitalidade con diferentes propostas de traballo arredor da normalización do galego ao longo do curso e coas tradicionais carreiras e festas pola lingua durante o mes de maio.

Vigo celebra os 25 anos do Correlingua coa participación de milleiros de estudantes

Na cidade olívica déronse cita alumnos e alumnas de colexios e de institutos para correr, cantar e berrar a favor de vivir en galego.

Máis de milleiro e medio de estudantes reivindican na Estrada o galego como lingua viva

Nunha das edicións máis multitudinarias dos últimos anos, alumnado procedente de 12 centros da Estrada, Cuntis, Lalín e Forcarei volveron percorrer as rúas da Estrada en defensa do uso do galego.

Ourense vibra na defensa do galego cunha nova edición do Correlingua que reuniu a arredor de 1400 estudantes

Arredor dunha vintena de centros reivindicaron activamente o uso do galego baixo o lema "A mocidade activa por unha lingua digna".

Intensa xornada de Correlingua en Compostela con moita música, convivencia e enerxía a prol do galego

Terceiro día de Correlingua no que participaron arredor de 1400 estudantes que percorreron a capital galega suscitando moito interese entre veciñanza e visitantes.

Segundo día de carreiras e festas pola lingua con máis 1750 estudantes do Morrazo e Terra de Lemos berrando e celebrando o galego

Música, deporte, xogos, pandeiretas, manifestos e a enerxía de centos de escolares fixeron desta mañá unha auténtica festa pola lingua en Cangas e Monforte.

Máis de 2.200 estudantes participan na primeira xornada da XXV edición do Correlingua

Baixo o lema "A mocidade activa por unha lingua digna" deu comezo hoxe na Coruña a festa da lingua do mes de maio nos centros educativos de Galiza.

Correlingua 2025

Anímate a participar!!

Centos de rapaces participaron nas carreiras e festas do Correlingua en Vigo, Lugo, Pontevedra e Monforte

Hoxe a cita foi en Pontevedra coa participación dunha vintena de centros. Queda só a última das paradas desta xira da lingua que será o mércores en Burela.

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
DOG 9 Novembro 2026
Servizos mínimos para a folga xeral

A Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

DOG 9 Novembro 2026
Folga no ensino concertado

Publica o DOG a orde pola que a Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos para a folga no ensino concertado do 10 de novembro.

Outros 9 Novembro 2026
Formación para profesorado de FP e réxime especial

Resolución provisional de proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2026-2027.

Outros 9 Novembro 2026
Prácticum de secundaria

Listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado de Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2026/27.

Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 6 Novembro 2026
Plan de formación permanente do profesorado

Na web da Consellaría a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos no curso 2026/27.

Outros 6 Novembro 2026
Programa Innova-Lab

Resolución provisional na web da Consellaría pola que se fai pública a relación de centros docentes seleccionados e excluídos no programa Innova-Lab.

Outros 6 Novembro 2026
Resolución provisional de listas de substitucións

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de secundaria.

Outros 6 Novembro 2026
Certame literario 'Integridade nas aulas'

O Consello de Contas convoca, en colaboración coa Consellería de Educación, a primeira edición do certame literario Integridade nas aulas: cada decisión conta, dirixido ao alumnado da ESO e bacharelato de todos os centros educativos galegos.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.