Calendario
Eventos do día 23 de Xuño de 2025
Instrucións para as ensinanzas de persoas adultas
A Consellaría publica na súa web as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2025/2026.
III Premio ConVivimos
A Consellaría convoca o III Premio ConVivimos 2025 de convivencia e benestar emocional para os centros públicos.
Concurso Atrévete a ter unha idea 24/25
Publicada a resolución cos proxectos premiados no concurso Atrévete a ter unha idea 2024/2025.
Centros PluriBach
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros para formar parte do programa de bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2025-2026.
Centros plurilingües
Anuncia a Consellaría os novos centros docentes que se incorporan á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2025-2026.
Competencia Dixital Docente
Publicada a listaxe provisional de profesorado admitido e excluído na convocatoria para a acreditación da Competencia Dixital Docente (CDD) do 2025.