4020 resultados

CIG-Ensino apela directamente á conselleira a que abra de inmediato a negociación da planificación para o vindeiro curso
Nestes momentos Galiza está a quedarse atrás dentro do marco estatal nun asunto que mantén en vilo a profesorado, persoal non docente a familias, e que non pode deixarse nas mans da improvisación ou de tácticas electorais.

CIG-Ensino critica a xestión da Consellaría nas listaxes de destinos provisionais e nos prazos para se anotar para facer substitucións
Erros na xestión e apuros electorais

Apertura de listaxes de substitucións
Listaxes nos corpos de Mestras, PES, PTFP, EOIs e Artes Plásticas e Deseño

Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais no 2020/2021
O prazo para presentar reclamacións é de 5 días hábiles e abrangue desde o 1 de xullo ata o 7 de xullo de 2020, ambos incluídos

Dispárase a incerteza entre o profesorado de cara ao curso 2020/21
O curso rematou en 2º de Bacharelato cunha presenza mínima de alumnado

Acabáronse as escusas para que a Consellaría de Educación siga sen negociar o desenvolvemento do próximo curso
Hoxe os Ministerios de Sanidade e de Educación e Formación Profesional fixeron público un documento con recomendacións en relación ás medidas de prevención e hixiene fronte ao SARSCoV-2 para os centros educativos no curso 2020-2021
Acordo de base para un novo Plan de Normalización do galego no ensino
O documento seralle remitido ás forzas políticas que se presentan ás eleccións do vindeiro 12 de xullo coa intención de impulsar o papel do galego como lingua vehicular na educación e impedir que a escola siga sendo un elemento desgaleguizador

Publicada no DOG a ORDE pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos
O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de xuño ao 14 de xullo

Máis profesorado, menos ratios, distanciamento físico, alteración de espazos e medidas de protección e hixiene, principais eixes para garantir a presencialidade no curso 2020/21
Ante o inmobilismo e a despreocupación da Consellaría cun asunto de vital importancia, o Consello Federal do sindicato aprobou un documento con propostas concretas sobre a docencia e a seguridade e saúde da comunidade educativa para o vindeiro curso.

A Consellaría presenta un documento ausente de toda referencia á incerteza dun comezo de curso escolar para o que non teñen presentado aínda ningunha proposta
Información sobre a negociación do calendario escolar para o curso 2020-2021

Convocado o Consello Galego de FP para o luns 22 de xuño
Na Orde do día están os borradores da oferta formativa de FP nos réximes ordinario e modular para o vindeiro curso e o desestimento da realización das probas de avaliación en competencias clave para os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3

A CIG solicita unha reforma do EBEP que non se limite á intención do goberno central de regular o teletraballo e abordar a temporalidade
Nunha reunión celebrada coa ministra de Administración Públicas o sindicato avogou por eliminar a taxa de reposición e buscar fórmulas legais para que os procesos de consolidación se fagan pensando nas persoas que levan anos en fraude de lei
páxina 91 de 310