
Información da Mesa Sectorial para a modificación da convocatoria de Oposicións
Información sobre a modificación da orde de oposicións e varios
CIG
Datas resolución provisional CXT.
Infantil e Primaria (incluíndo adultos de primaria e orientación): 11 de marzo.
Secundaria e outros corpos (incluíndo adultos de secundaria): 4 de marzo.
Información da mesa sectorial, son datas marcadas polo ministerio que non sempre se cumpren.
Destacan as seguintes novidades:
- Suprímese a obriga de participar no procedemento selectivo para permanecer en listas.
- Suprímese a presentación, co cal as prazas se repartirán por tribunal tendo en conta o número de persoas presentadas á primeira parte da primeira proba.
- As datas para a realización desta primeira parte da primeira proba pasan a ser 5, segundo a especialidade e o tribunal no que participes, no lugar dunha: 19, 20, 23 24 e 25 de xuño.
- Fixase unha data para o persoal que non puidera realizar a primeira proba nas datas marcadas polo tribunal debido a maternidade ou por estaren cumprindo unha medida de illamento ou corentena por ser persoa infectada por COVID-19 ou contacto estreito: o 10 de xullo.
Novas relacionadas