As molestias derivadas da vacina Covid xustificaranse cunha declaración responsábel

A Consellaría atende así a demanda da CIG-Ensino na mesa sectorial

A Consellaría accede a unha petición da CIG-Ensino formulada na mesa que tivo lugar onte, 2 de marzo, e o persoal docente que non poida acudir ao seu centro educativo por efectos adversos relacionados coa vacinación fronte á COVID-19 terá dereito a ausentarse do seu posto de traballo.

A falta será xustificada mediante unha declaración responsable que podedes descargar na seguinte ligazón

Volver