
Publicada a adxudicación provisional do CXT
Para os corpos de secundaria e outros corpos
Ao final da nova, recollemos o sistema de reclamacións e renuncias.
Secundaria e Inspección
Resolución da adxudicación provisional de secundaria e outros
Listaxe de persoas excluídas secundaria
Resolución completa de secundaria do Ministerio A-E F-L M-Q R-Z
Resolución completa de Inspección do Ministerio A-Z
O prazo para alegacións e renuncias é de 10 días hábiles, iniciándose o día 05/03/2021 e rematando o 18/03/2021, ambos incluídos.
Adultos
Secundaria
Resolución provisional adultos secundaria
Adxudicación provisional adultos secundaria
Listaxe provisional de persoas excluídas de adultos secundaria
O prazo para alegacións e renuncias é de 5 días hábiles, iniciándose o día 05/03/2021 e rematando o 11/03/2021, ambos incluídos.
Reclamacións e renuncias
Pasos a seguir para reclamar:
1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.
3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".
4º Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar.
Pasos a seguir para renunciar:
1º Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.
2º Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".
3º Imprimir o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.
4º Presentar o documento asinado.