4047 resultados

A CIG-Ensino amosa a súa preocupación polos intentos de limitar a liberdade de cátedra
Solidarizámonos co compañeiro do IES Pino Manso do Porriño, denunciamos a inxerencia da Garda Civil e esiximos que a Consellaría respalde a actuación do profesor

A CIG non asinará acordo algún con Facenda que non contemple a recuperación de dereitos
O conselleiro anunciou esta mañá que a Xunta non negociará esa recuperación

A valedora do Pobo debe dimitir por amparar a vulneración dos dereitos lingüísticos
Concentración o mércores 18 de outubro ás 11.30 h diante do edificio da Valedora

MUFACE comprométese coa CIG a ter en galego a sede electrónica e a nova web
Na última reunión do Consello Xeral de MUFACE o sindicato nacionalista volveu insistir en que a sede electrónica da entidade segue unicamente en castelán, o que supón un desprezo para as linguas oficiais como o galego

A CIG-Ensino reclama, no Día Internacional do persoal docente, a liberdade no exercicio da nosa profesión e a recuperación de dereitos
Ensinar en liberdade

A CIG-Ensino insta ao Ministerio e á Consellería a negociar xa a convocatoria de oposicións docentes de 2018
Ante a parálise do Ministerio de Educación, a Xunta debe dar un paso adiante e convocar unha Mesa Sectorial que permita aprobar a convocatoria de oposicións e as especialidades antes de finais de ano.
A CIG-Ensino insta á Consellaría a solucionar a problemática dos libros de texto no CEIP Santa Baia de Boiro
Tanto o centro como a ANPA denuncian que os libros están en moi mal estado despois de tres anos de uso e que están desfasados ao non adaptarse á LOMCE.

Feijoó lanza anuncios “fume” de oposicións no Parlamento sen concretar as prazas docentes para 2018
A CIG-Ensino chama a atención sobre a ausencia no discurso do presidente da Xunta de propostas encamiñadas á recuperación dos dereitos que nos foron subtraídos nos últimos anos e que afectaron a todo o profesorado galego e á propia calidade do ensino.
Aprobadas as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres
10 días hábiles para reclamacións

A Xunta adía cada vez máis o pagamento das axudas de normalización lingüística que reciben os centros
A CIG-Ensino pídelle á administración que incremente a dotación destas axudas para poder programar minimamente actividades que promocionen o uso do galego entre a comunidade educativa
A CIG denuncia irregularidades, escurantismo e desorde nas listas de contratación do Consorcio
Nin o xerente nin a dirección xeral da función pública cumpren os seu compromisos

A CIG-Ensino pon de manifesto que os centros educativos están notando os recortes de profesorado e de medios neste inicio de curso
O Consello Federal do sindicato reuniuse esta mañá en Compostela para pór enriba da mesa todos os problemas que lles están a trasladar desde os centros educativos neste inicio de curso e que desembocan, moitos deles, na dificultade para fixar os horarios
páxina 138 de 312