4042 resultados

A ESAD convoca tres días de folga para esixir a restitución dos seis postos de traballo perdidos nos últimos dous anos
A CIG-Ensino denuncia que desde 2014 este centro perdeu o 20% do seu persoal.

Comeza un curso marcado polo inmobilismo da Consellaría, o despido de máis de 400 docentes interinos e a perda de poder adquisitivo do profesorado galego
A CIG Ensino denuncia que este colectivo pasará a facer substitucións ou irá directamente ao paro despois de que a Consellaría convocara oposicións sen ter en conta a súa situación e a previsión de xubilacións.

Publicada a adxudicación definitiva do CADP dos corpos de secundaria
Publicada no portal da Consellaría, próxima publicación no DOG

Adxudicación das prazas de catedráticas de música e artes escénicas
Publicadas pola Consellaría, hoxe, mércores 5 de setembro

Información da mesa sectorial do martes 4 de setembro
Disposición transitoria á orde de adxudicación do CADP, orde de concurso de traslados entre persoal funcionario dos corpos de catedráticos e profesoras de ensino secundario, EOIs... e Equipos de Orientación Específicos

Listaxes do persoal que superou as oposicións 2018 publicado no DOG
O 24 de agosto comezan a contar os 20 días para presentar a documentación.

Publicada a resolución definitiva do CADP de primaria
Tamén atoparedes as vacantes e as instrucións para a toma de posesión.

Mantense un alto índice de provisionalidade no ensino público sen mellorar as condicións de traballo docente
Novamente un 28% do profesorado provisional de secundaria e un 13% de mestres impartirán materias das que non son especialistas.

Publicada a nova resolución provisional do CADP de secundaria
Reclamacións e renuncias até o 3 de setembro na sede electrónica da Xunta
A Consellaría modifica o cadro de persoal de Infantil e Primaria eliminando 54 unidades
O novo catálogo inclúe a creación de novas prazas de PT e AL compartidas, sen que se negociase previamente na Mesa Sectorial as condicións para regular as súas condicións

A Consellaría debe deixar a propaganda e garantir a transparencia e un verdadeiro concurso-oposición docente
Confírmase a denuncia feita pola CIG-Ensino de que a Consellaría inflou as prazas convocadas a través da oferta do cambio de corpo A2-A1

Publicada a resolución provisional do CADP de primaria
Reclamacións ou renuncias á resolución provisional, no prazo de dous días hábiles a contar desde mañá

A CIG-Ensino trasladoulle á ministra de Educación as demandas urxentes do profesorado galego
A reunión tivo lugar no Ministerio de Educación, no seo dun encontro da titular do MEFP cos sindicatos da Mesa Sectorial do Estado.
páxina 123 de 311