Publicada a resolución que fixa os prazos do CADP

O prazo ordinario de participación vai do 27 de xuño ao 17 de xullo

No DOG de hoxe, 26 de xuño, publícase a RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019 que convoca o Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais. Ligazón

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que desenvolve a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional. Ligazón

CADP. CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS 2019-20. DATAS E PRAZOS

Prazo para participar

Do 27 de xuño ao 17 de xullo

Listaxes de profesorado obrigado a participar

2 de xullo

Prazo de reclamacións ás listaxes de participación

5 días hábiles

Prazo para participar do profesorado que aprobe as oposicións

2 días hábiles desde a publicación da listaxe de persoas aprobadas

Resolución provisional (datas previstas)

Corpo de mestres: 26 de xullo.

Corpos de Secundaria: 31 de xullo.

Renuncias e reclamacións

Corpo de mestres: 2 días hábiles após a resolución provisional.

Corpos de Secundaria: até o 3 de setembro.

PROFESORADO INTERINO. Prazo para limitar as substitucións en determinados concellos ou provincias

Do 16 de xullo ao 17 de agosto

Resolución definitiva

Corpo de mestres: 1 de agosto.

Corpos de Secundaria: 10 de setembro.

Toma de posesión

1 de setembro para o corpo de mestres. Na data prevista para a impartición efectiva das clases nos demais corpos

 

Toda a información sobre os concursos nas seguintes ligazóns

Concurso de adxudicación de destinos provisionais de infantil e primaria: ligazón

Concurso de adxudicación de destinos provisionais de secundaria: ligazón

Normativa da adxudicación de destinos provisionais

ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional publicada no DOG do 14 de xuño de 2018. PDF

Volver