4017 resultados

A CIG-Ensino demandará na Mesa Sectorial a reunión técnica comprometida pola Consellaría para negociar as vacantes do CXT
O sindicato defende un incremento importante das vacantes para reducir o profesorado en expectativa en todos os corpos docentes, que suma máis dun milleiro en toda Galiza.

A CIG-Ensino demándalle á Consellaría que aboe sen máis demora os descontos das baixas superiores a 90 días
Así mesmo insta á Xunta a que, de cara ás baixas actuais e futuras, este pagamento se faga de oficio.

MUFACE atende a solicitude da CIG-Ensino e ampliará a xuño a posibilidade de cambiar para o SERGAS
O sindicato remitíralle un escrito á Dirección Xeral de MUFACE instando a que o cambio de entidade médica para o SERGAS puidese facerse efectivo en xaneiro e xuño, como acontece desde agora coas entidades privadas.

A Xunta avanza as prazas da oferta de emprego no ensino público sen negociación previa
Se en outubro o conselleiro de Educación pechou toda posibilidade de negociación ao anunciar as especialidades nas que se convocarían oposicións, agora Feijoó zanxa a cuestión fixando o número de prazas a convocar.

A CIG-Ensino reclama que se cumpra o mandato do Parlamento galego para recuperar a Filosofía como materia troncal no Bacharelato
Con data 24 de xaneiro o sindicato rexistrou un escrito dirixido ao conselleiro de Educación instándoo a negociar a modificación do Decreto que regula o currículo do bacharelato para incluír a obrigatoriedade da Historia da Filosofía en 2º de Bacharelato
O Consello Federal da CIG-Ensino bota a andar a campaña de restitución de dereitos do profesorado e a folga de mulleres
Delegados e delegadas da central nacionalista reuníronse esta mañá en Compostela para dar o sinal de saída da campaña de recollida de sinaturas coa que se pretende axitar o colectivo docente, que está farto dos recortes dos últimos anos.
A CIG-Ensino lanza unha campaña nos 1.200 centros educativos galegos para esixir a restitución de dereitos do profesorado
Ao longo deste segundo trimestre, delegados e delegadas da central nacionalista celebrarán asembleas informativas para achegarlle ao profesorado os pregos de sinaturas que posteriormente lle serán entregados ao conselleiro de Educación.

A CIG-Ensino recorre as convocatorias da ACSUG para o recoñecemento dos labores docentes, de investigación e de xestión nas universidades galegas
O sindicato demanda a inclusión do persoal temporal nas convocatorias que regulan a avaliación previa para o cobro de complementos autonómicos

A CIG-Ensino demanda un incremento substancial nas vacantes do Concurso de Traslados de Secundaria
O sindicato presenta un estudo no que se evidencian claras anomalías en multitude de centros educativos e de especialidades á hora de ofertar postos definitivos e denuncia a opacidade da Consellaría

A CIG-Ensino demanda a retirada dos novos temarios de oposicións
O MECD dá por pechada a negociación do sistema de acceso e ingreso na función docente. Previsíbelmente a modificación do Real Decreto publicarase en febreiro e os novos temarios non entrarían en vigor antes de 2020.
Na defensa do ensino público a CIG-Ensino rexeita a imposición da zonificación escolar de Vigo
A Inspección Educativa remitiu no pasado mes de decembro unha Proposta de zonificación para o Concello de Vigo que reduce de dez a catro a configuración das áreas escolares.
A CIG-Ensino reclama 256 vacantes de PT e AL a maiores das xa ofertadas no actual Concurso de Traslados de Mestres
Un estudo do sindicato destaca a existencia de centos de prazas destas especialidades que se veñen dotando desde hai anos con profesorado provisional e que poden ser cubertas por profesorado definitivo

O TSXG dálle a razón á CIG-Ensino e limita a discrecionalidade da Consellaría na oferta de vacantes dos Concursos de Traslados
O Alto Tribunal galego falla a favor dunha docente defendida pola CIG-Ensino nunha demanda contra a retirada dunha vacante da adxudicación provisional
páxina 131 de 309