En que quedamos co acordo da vergoña?

Análise de máis dun ano de renuncias, vergoña e enganos contestados con mobilizacións e a defensa da dignidade do profesorado

Educación ten preto de 100 vacantes de profesorado sen cubrir para aforrar en salarios máis de tres semanas

A día de hoxe as maiores necesidades de persoal concéntranse no corpo de mestres e mestras con 40 vacantes e no de secundaria con 38

A CIG apoia a equiparación do profesorado de sectores singulares de FP que cuadriplicou en sinaturas o número do colectivo

Unha representación de docentes das 10 especialidades singulares entregaron onte en San Caetano 1.140 sinaturas solicitando o cobro dos 151,37 euros de complemento equiparador co profesorado de secundaria e que só percibe o PTFP a extinguir

Convocadas 34 mobilizacións en cidades e vilas galegas contra a ocupación e o xenocidio en Palestina

Terán lugar o vindeiro luns, día 31 de marzo, para conmemorar tamén o Día da Terra palestina

A CIG apoia a manifestación convocada pola asociación de familias de menores e mocidade trans da Galiza, ARELAS

O domingo, día 30 de marzo, con saída ás 12:30 horas desde a Praza 8 de Marzo de Compostela

17 de maio. Manifestación pola lingua

A manifestación pola lingua acabará cunha grande foliada pola lingua na Praza do Obradoiro

Asistencia masiva á manifestación en contra da campaña de acoso laboral en AMICOS con grande apoio de ex traballadoras

Onte á tarde as rúas de Boiro racharon un muro de silencio arredor do que pasa nesta empresa cunha marcha na que as delegadas da CIG enumeraron un por un o nome das 20 persoas despedidas e as 18 que marcharon voluntariamente no último ano e medio.

Novidades de Muface

Información do último Consello Xeral de Muface

A CIG denuncia que o Goberno do Estado salte a Mesa Xeral de Negociación do persoal empregado público e trate de negociar un novo acordo salarial cos sindicatos estatais no dialogo social

O sindicato maioritario na Galiza alerta das consecuencias de pactos pola porta de atrás que provocaron unha perda constante do poder adquisitivo no sector público

Sen novidades na reforma da profesión docente

Información da posta en marcha dos grupos de traballo do Ministerio de Educación

A Consellería mente e manifesta a súa incompetencia na negociación do plan de igualdade

A só tres meses de que o documento teña que estar aprobado a Consellaría sitúa a negociación do plan na casa de saída

A CIG denuncia máis de 20 despedimentos e 18 baixas voluntarias no último ano e medio en AMICOS e convoca unha concentración para o día 26 en Boiro

A mobilización, prevista para as 19:30 horas na Praza de Galiza, ten por obxectivo esixir que se cumpra o convenio e que remate a situación de terror laboral e a campaña de acoso contra o persoal que simplemente reclama os seus dereitos.

A maioría do persoal dos centros de infantil 0-3 apoia a campaña por un convenio galego para o sector

En Galiza hai 259 escolas de Educación Infantil etapa 0-3, privadas ou públicas de xestión indirecta, nas que traballan arredor de 2.000 traballadoras/es que atenden milleiros de crianzas.

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 27 Xuño 2025
Prazas sometidas a convenio e programas da Consellaría

Convocado o concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.

Outros 27 Xuño 2025
Plurilingüismo en FP

A web da Consellaría anuncia a listaxe provisional de novos centros de FP para o curso 2025-2026.

Outros 27 Xuño 2025
Comisións por conciliación

Na web da Consellaría publícase a resolución provisional de comisións de servizos admitidas e excluídas en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.

Outros 26 Xuño 2025
Programa That's English!

A Consellaría anuncia a apertura do prazo para a matrícula no programa 'That's English!'

Outros 26 Xuño 2025
Novas seccións bilingües

Relación provisional na web da Consellaría coas novas seccións bilingües para o curso 2025/2026.

Outros 26 Xuño 2025
Instrucións da Consellaría

Publica a Consellaría instrucións para a dotación con carácter excepcional de recursos de persoal docente nos centros docentes públicos.