Ensino público

Correlingua volve ás rúas na súa edición número 23 nun momento de emerxencia lingüística

Esta mañá presentáronse en Pontevedra as actividades previas, o manifesto e o calendario de carreiras e concertos previstos para este mes de maio dunha edición "máis necesaria ca nunca"

Información das mesas sectoriais do 7 e 14 de marzo

Addenda Persoal Interino. Ordenación e currículo de EI, EP, ESO e Bacharelato. Piale para o curso 2023

O PP vota no Parlamento galego en contra de pagar o complemento de equiparación ao profesorado para extinguir do corpo de PTFP

Desde a CIG-Ensino critican esta actuación cando na última reunión co conselleiro de Educación este aseguroulle que se trataba dunha cuestión política e non económica

A CIG esíxelle ao MEFP o mesmo trato para o galego que para o castelán nas probas ABAU

O Ministerio fixo varios cambios no Proxecto de Real Decreto que regula a proba de acceso á universidade entre os que destaca a non obrigatoriedade de examinarse de Lingua Galega e Literatura II

A CIG-Ensino critica unha vez máis as formas opacas da Xunta á hora de implantar o Plan Acompaña

O sindicato remitiralle un escrito á Consellaría de Educación pedindo explicacións sobre o criterio para a selección dos centros e sobre a xestión dos fondos

A CIG-Ensino esíxelle avances na mellora das condicións docentes ao conselleiro de Educación

Os responsábeis da central volveron poñer enriba da mesa os mesmos temas que levan centrando a acción sindical destes anos pero desta vez co respaldo dos 9.765 votos das recentes eleccións sindicais e o referendo da maioría absoluta na Mesa Sectorial

Ordes dos currículos de Educación Infantil e Primaria

Documentos publicados no portal de transparencia para suxestións até o 27 de febreiro

Celebremos o día de Rosalía (23 de febreiro)

Pola nosa lingua, polo noso país, por Rosalía: #cumpriuseAxustiza

A CIG chama a intensificar a mobilización para frear a nova reforma das pensións que suporá unha baixada de até o 8% na súa contía

No Ensino, despois de que se declarara a extinguir o réxime de clases pasivas en 2010 e que o novo funcionariado de carreira e o persoal interino se xubilarán os 67 anos como norma xeral, esta reforma impedirá a incorporación de novo persoal docente.

O que necesitamos saber para entender as nosas nóminas

Consideracións a ter en conta nos conceptos das nóminas do persoal docente

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
04/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.