Ensino público

16.257 apoios en 4 semanas. O profesorado alza unha voz masiva e contundente en demanda de melloras profesionais e do ensino público galego

Trátase da campaña de recollida de sinaturas máis numerosa nos últimos anos entre o profesorado galego, nun tempo récord e de forma só presencial chegando ao 85% dos centros educativos

Publicadas as resolucións provisionais do CXT, adultos e orientación de primaria

Prazo reclamacións e renuncias: do 16 até o 29 de febreiro

Publicada no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das oposicións

O prazo de incrición nos procesos selectivos comezará o 15 de febreiro e rematará o 6 de marzo

A Consellaría de Educación fomenta a infrarrepresentación feminina nas direccións dos Centros Integrados de FP

No 82% dos Centros Integrados de Formación Profesional a Dirección Xeral de FP nomeou a un home na dirección

A CIG-Ensino demanda cambios urxentes nas oposicións para evitar a sangría de prazas desertas na promoción interna

O sindicato maioritario no ensino público alerta de que 1.113 prazas quedaron desertas nas cinco últimas oposicións pola obriga legal dunha norma totalmente afastada da realidade do profesorado

Día de Rosalía de Castro 2024

23 de febreiro. O amor da Patria Galega

Profesorado de distintas etapas e ensinanzas alzan a voz animando a asinar a campaña pola recuperación dos nosos dereitos e a mellora real do ensino público

A CIG-Ensino denuncia que o PP enviara un correo aos centros e que cargos da Consellaría estean a convidar o profesorado a un acto de partido sobre educación este sábado xogando á confusión político-institucional

A CIG-Ensino denuncia atrasos sistemáticos no pago de trienios e sexenios do persoal docente da Consellaría de Educación

Nalgúns casos o atraso na actualización destes pagos supera os seis meses

A CIG exixe nas rúas de Compostela unha nova lexislación laboral para rematar coa precariedade

Paulo Carril lembra que “os dereitos conquístanse coa loita e a mobilización”

A CIG-Ensino reclama a cobertura e transparencia total das baixas nos centros educativos

Esixe que se pare de inmediato co borrado sistemático das baixas solicitadas polos centros educativos

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
04/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.