O Ministerio de Educación presenta, para unha próxima tramitación, un novo Real Decreto de Inspección Educativa

O borrador foi remitido aos sindicatos para unha próxima reunión da Mesa Docente estatal aínda sen fixar

Borrador do novo RD que regula a inspección educativa. Ligazón

O Ministerio de Educación enviou á CIG-Ensino e ao resto de organizacións sindicais con representación na Mesa estatal de persoal docente un borrador de novo Real Decreto polo que regula a Inspección Educativa. Non está fixada aínda ningunha data de reunión da Mesa mais todo indica que será en breve.

O texto derroga a normativa anterior e ten dúas partes diferenciadas. Unha primeira que é normativa básica para todas as administracións educativas, entre as que regula o nomeamento de inspectores e inspectoras accidentais, para cubrir prazas con carácter temporal, as funcións e responsabilidades da inspección ou o sistema de acceso ao corpo de Inspección (similar ao actual). Nunha segunda, que non ten carácter básico, regúlase a formación e o desenvolvemento profesional.

Poden enviarse achegas a galiza@cig-ensino.gal

Volver