Ensino público

Publicada a adxudicación definitiva do CADP para o curso 2024/25

A toma de posesión será o 1 de setembro nos centros adxudicados

A Consellaría só acerta cando rectifica: aplicará a suba do 2% en todos os complementos

A CIG-Ensino felicítase dunha rectificación que chega despois da denuncia feita polo sindicato, obrigando a administración e sindicatos asinantes a reaccionar ao tempo que lamenta que os nosos salarios medren por baixo do IPC

Medra a porcentaxe de prazas desertas nas oposicións até superar o 12% na quenda libre de ingreso

As prazas desertas no sistema de acceso (cambio de corpo de A2 a A1) supera o 82% das prazas ofertadas e a non acumulación das prazas desertas da quenda de discapacidade eleva aínda mais o total de prazas non adxudicadas

A CIG-Ensino urxe a Educación a corrixir canto antes os erros na exclusión de persoal interino das listaxes de contratación

A Consellaría publicou o venres unha listaxe con 2200 persoas excluídas das listaxes de persoal interino.

Publicada a resolución provisional do CADP para o curso 2024/25

O prazo de reclamacións e renuncias será o 29 e 30 de xullo

CIG-Ensino non participará na farsa dunhas reunións de vacantes sen capacidade de negociación

O sindicato reitera a súa denuncia de opacidade e unilateralidade e non acepta formar parte dunha escenificación indigna para o profesorado e a súa representación sindical

Data prevista adxudicación provisional CADP: 26 de xullo

Con case total seguridade ao longo da tarde

A Xunta incumpre a legalidade no horario da ESO do alumnado de Miño para evitar aumentar gastos no transporte escolar

A CIG-Ensino apoia a demanda de profesorado e familias para que o horario do CPI Castro Baxoi garanta as 32 sesións de 50 minutos que son a norma para o alumando da ESO

A Consellaría oculta información e prepara unha redución importante de postos de traballo

Absoluto hermetismo e ausencia de información nas Direccións Territoriais de cara ás vacantes de destinos provisionais e comunicación de recortes de profesorado

Os cambios no baremo do Concurso de Traslados xa son oficiais

Tras a publicación no BOE da modificación do Real Decreto, a convocatoria do CXT do próximo curso xa terá que aplicar os cambios

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
21/11/2026
Outros 20 Novembro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Relación provisional de centros admitidos para participar no programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 19 Novembro 2026
Programa de mediación escolar

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa de mediación escolar “Acordamos ConVivir” no curso 2026-2027.

Outros 19 Novembro 2026
Desafío CiberFP

Publica a Consellaría a listaxe dos equipos presentados e das solicitudes a emendar ou completar para o Desafío CiberFP 2026.

Outros 18 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 de Orientación do corpo de mestres.

Outros 17 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados e excluídos do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE).

Outros 16 Novembro 2026
Rede Planea de Arte e Escola

Publicados os centros colaboradores da Rede Planea de Arte e Escola para o curso 2026-2027.