Ensino público

Esta fin de semana arrincaron en Lugo e A Coruña os cursos organizados pola CIG-Ensino e a AS-PG para funcionariado en prácticas: Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria

Os cursos tiveron unha numerosa asitencia de profesorado que se achega ao funcionariado con moitas dúbidas e necesidades de información.

A CIG-Ensino apoia as concentracións convocadas polas Anpas na Comarca de Compostela e chama o profesorado a participar para demandar os recursos que os centros precisan

O sindicato maioritario considera que a realidade é que este é un dos comezos de curso con maiores protestas polos recortes dos últimos anos que nin con toda a maquinaria de propaganda da Xunta se van a calar

Competencias dixitais docentes (CDD)

Prazos e datos de interese

Concentración en Ferrol esixindo máis profesorado

Anpas e profesorado da comarca de Ferrol concentráronse diante da Inspección educativa para esixir máis profesorado e que se poidan facer os desdobres prometidos

A CIG-Ensino critica o recorte horario de atención aos usuarios da oficina de MUFACE en Compostela

O sindicato vai presentar unha queixa formal diante deste organismo esixindo que se manteña aberta a oficina no horario actual toda a semana.

A CIG-Ensino cualifica de “Plan Mega Trola” os anuncios da Consellaría e esixe que se atendan os dereitos do profesorado e as demandas de recursos dos centros

Nunha concentración celebrada diante do edificio da Xunta delegadas do sindicato maioritario denunciaron o continuísmo nas políticas da Consellaría, a manipulación das cifras de contratación e que se vendan como propios programas financiados externamente

A CIG-Ensino convoca unha concentración mañá diante da Consellaría para denunciar que non se atendan as demandas do profesorado nin dos centros neste comezo de curso

Ante a máquina propagandística da Xunta o sindicato pon en evidencia o continuísmo das súas políticas e acúsaa de manipular as cifras de contratacións e de vender como propios programas financiados con fondos da UE e do Ministerio

A Consellería outorga menos de 200 meses para licenzas por formación dos 500 que oferta

Hoxe publicouse a resolución definitiva das licenzas por formación para o curso 2024/25

A CIG-Ensino denuncia que Educación converte unha suposta xornada de benvida a docentes en prácticas nun acto de marcado carácter político

O sindicato exixe que non se volvan producir eventos destas características con presenza de cargos políticos e que a formación do novo funcionariado en prácticas sexa cometido exclusivo de profesionais docentes en activo

Propaganda e mentiras: o “camiño novo” anunciado pola Consellaría é o continuísmo das vellas políticas

O sindicato maioritario denuncia que a única novidade salientábel neste comezo de curso é o reforzo propagandístico nunha administración baleira de iniciativas

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
21/11/2026
Outros 20 Novembro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Relación provisional de centros admitidos para participar no programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 19 Novembro 2026
Programa de mediación escolar

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa de mediación escolar “Acordamos ConVivir” no curso 2026-2027.

Outros 19 Novembro 2026
Desafío CiberFP

Publica a Consellaría a listaxe dos equipos presentados e das solicitudes a emendar ou completar para o Desafío CiberFP 2026.

Outros 18 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 de Orientación do corpo de mestres.

Outros 17 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados e excluídos do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE).

Outros 16 Novembro 2026
Rede Planea de Arte e Escola

Publicados os centros colaboradores da Rede Planea de Arte e Escola para o curso 2026-2027.