
Esta fin de semana arrincaron en Lugo e A Coruña os cursos organizados pola CIG-Ensino e a AS-PG para funcionariado en prácticas: Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria
Os cursos tiveron unha numerosa asitencia de profesorado que se achega ao funcionariado con moitas dúbidas e necesidades de información.
Cunha metodoloxía práctica e didáctica, o profesorado que impartiu a formación, deu orientacións sobre múltiples aspectos da carreira docente como a documentación a presentar nas Direccións Territoriais, a xestión con Muface, en que consiste a fase de prácticas, como se elabora a súa memoria, posibilidades e necesidades de formación, dereitos do profesorado, retribucións, permutas, licenzas e permisos, entre outra lexislación.

Dado o especial interese que adoita mostrar o profesorado asistente a estes cursos sobre o Concurso Xeral de Traslados, fíxose especial fincapé nesta temática centrádose especialmente na actualización do baremo derivada dos cambios estatais.
Pola novidade que comporta tanto a efectos de CXT como de formalización de sexenios, tamén incidiu nas Competencias Dixitais Docentes e a súa acreditación.
Esta exitosa convocatoria de cursos que botamos a andar desde a CIG-Ensino e a AS-PG vén sendo ofertada desde hai anos e pode realizarse presencialmente, durante un sábado, en distintas localidades.
Na presente edición, alén dos dous primeiros cursos que tiveron lugar o pasado día 21 de setembro, ofertarémolos de novo o 28 de setembro en Santiago, Pontevedra, Ourense e Ferrol ; o 5 de outubro na Mariña e Vigo e o 19 de outubro no Morrazo.
Calquera docente en prácticas que tivese interese, pode aínda matricularse na seguinte ligazón