Concentración en Ferrol esixindo máis profesorado

Anpas e profesorado da comarca de Ferrol concentráronse diante da Inspección educativa para esixir máis profesorado e que se poidan facer os desdobres prometidos

Acudiron unhas 200 persoas que quixeron deixar claro que non van aceptar as trolas da Consellaría neste comezo de curso.

Neste sentido, os centros de secundaria como o de Canido,  Ferrol Vello, Atios, A Xunqueira teñen máis alumnado e menos profesorado que o curso pasado.

Ou casos como o Fernando Esquío que teñen un aumento moi considerable das necesidades específicas de atención educativa e non teñen medios para atendelas.

Por outro lado, nos centros de primaria, como o Ledicia (Ferrol), Os Casais (Fene), Andrade (Pontedeume), Manuel Fraga (Cariño) ou San Xoan de Filgueira (Ferrol) non se cumpren as ratios establecidas para este curso 2024-2025 e demandan desdobres nas unidades onde se sobrepasan.

Alumnado, familias e profesorado deixaron claro que non van aceptar as migallas que a Consellería quere vender como melloras no ensino público.

Volver