Ensino público

Material peches reivindicativos e martes en loita

A CIG-Ensino pon a disposición do profesorado material de difusión das mobilizacións de xaneiro e febreiro.

Queremos Galego presentará os resultados do proceso Lingua Vital nunha multitudinaria asemblea o 14 de marzo

O acto desenvolverase na Praza da Quintana no marco das accións impulsadas pola plataforma para enfrontar a emerxencia lingüística

A partir da vindeira semana reavívase o conflito laboral docente coa acción “martes en loita” e peches rotatorios en centros educativos por todo o país

Esta é a proposta que lanzan CIG e STEG até o Entroido para visibilizar as reivindicacións do profesorado en colexios e institutos diante da comunidade educativa e da sociedade, sen descartar outras accións contundentes no que resta de trimestre.

Fungos, pingueiras, equipos e espazos inutilizados e filtración de materiais tóxicos no centro educativo máis grande Galiza

A CIG-Ensino faise eco das queixas da comunidade educativa do CIFP Manuel Antonio, conformada por máis de 2000 persoas, que denuncia unha situación insalubre e a incompatible coa actividade lectiva desde o inicio da reparación da cuberta en xuño de 2025

A CIG-Ensino denuncia o uso de publicidade neofascista nunha charla do “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos”

O sindicato aféalle á Consellaría de Educación que non lle preocupe a “neutralidade ideolóxica” cando se trata de ideas ultradereitistas e que xeran problemas de convivencia social e educativa.

A non obrigatoriedade de presentarse ás oposicións para o persoal consolidado é unha medida que lle convén á Consellaría e por si soa non resolve os problemas nos procesos selectivos nin de xestión das listas

A CIG-Ensino critica que a o departamento de Román Rodríguez negocie “só o que lle interesa” cos 4 sindicatos mansos e deixe fóra o maioritario que quere unha revisión máis profunda tanto do sistema de oposicións como das condicións do persoal interino

Información da Mesa Sectorial do Piale

CXT, atención á diversidade, gasóleo, poñentes nos cursos, protección de datos, substitucións, coidados, igualdade, emerxencias climatolóxicas e saúde laboral

O conselleiro de Educación falta ao respecto ao profesorado durante unha visita institucional acusándoo de “traballar pouco”

Durante a “supervisión” das obras do IES Aquis Celenis de Caldas, o 2 de xaneiro, Román Rodríguez realizou por dúas veces esta afirmación impropia do seu cargo e que redunda no cualificativo como “clase ociosa” do seu subdirector xeral de Inspección.

As contas que non contan

A CIG-Ensino alégrase de que a Consellaría regularizara o incremento na titoría e nos sexenios despois de reclamarllo hai un ano e lamenta que a suba dos salarios públicos siga por debaixo do IPC sumando unha perda do 20% de poder adquisitivo desde 2010

Delegados e delegadas da CIG-Ensino concéntranse durante a presentación do Plan integral de benestar dixital para esixir negociacións ao conselleiro

Desde o sindicato critícase a falta de respecto de Román Rodríguez cara a representación do profesorado e que non se coñezan os detalles da suposta negociación que se está producindo no marco do Acordo de Melloras, “algo que coa CIG nunca se produciría".

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
21/11/2026
Outros 20 Novembro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Relación provisional de centros admitidos para participar no programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 19 Novembro 2026
Programa de mediación escolar

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa de mediación escolar “Acordamos ConVivir” no curso 2026-2027.

Outros 19 Novembro 2026
Desafío CiberFP

Publica a Consellaría a listaxe dos equipos presentados e das solicitudes a emendar ou completar para o Desafío CiberFP 2026.

Outros 18 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 de Orientación do corpo de mestres.

Outros 17 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados e excluídos do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE).

Outros 16 Novembro 2026
Rede Planea de Arte e Escola

Publicados os centros colaboradores da Rede Planea de Arte e Escola para o curso 2026-2027.