Ensino público

A supresión de 42 aulas implica a eliminación de 62 postos de traballo en infantil e primaria

Os postos de traballo que se suprimen coa publicación dos cadros de persoal son un 7% máis que o curso anterior e inciden nunha perda paulatina de persoal do corpo de mestres

Un 19% das prazas nas oposicións docentes fican sen adxudicar

A cifra é tres puntos superior á convocatoria do 2018 e confirma unha tendencia á alza nos últimos anos, especialmente centrada nas especialidades de secundaria

Publicado no DOG o listado de persoal que superou o concurso oposición

Comezan a contar os 20 días hábiles para entregar a documentación citada na convocatoria

A Xunta demora artificialmente a publicación do Fondo de Acción Social

A norma para este ano inclúe un incremento na única axuda en vigor e o prazo para tramitala nos centros educativos se estenderá, a petición da CIG, até o mes de setembro.

Publicada a Orde pola que se declaran aptas as persoas que superaron os procedementos selectivos para acceso a corpos docentes do ano pasado

Na Orde tamén se detallan as persoas que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas despois de superar os últimos procedementos selectivos.

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por saúde e por conciliación de vida familiar e laboral

O prazo de reclamacións para ambos procedementos comeza o día 8 de xullo de 2019 e remata o día 12 de xullo de 2019, ambos inclusive.

Información de interese sobre o CADP

Publicadas as listas de persoal docente obrigado a participar e as resolucións de non participación para persoal interino

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
05/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.