Incidencias nos concursos do profesorado de primaria en prácticas

A Consellaría non incluíu de o código de PT de secundaria dentro das especialidades polas que poden participar e si lles permite concursar a Orientación, cando están excluídos

O aplicativo de concursos da Consellaría permite que o funcionariado en prácticas do corpo de mestres participe no concurso específico de Orientación cando a orde limita a participación ao funcionariado de carreira.

Esta situación xa se deu en anos anteriores e as docentes en prácticas aparecían finalmente como excluídas nas listaxes de participantes.

CIG

A CIG-Ensino trasladoulle esta incidencia á Consellaría, indicando que para evitar confusións deberían facer os cambios necesarios para que non poida participar quen está excluído por non ter os requisitos marcados pola orde.

Por outro lado tamén detectamos que o profesorado en prácticas non pode incluír o código de PT de Secundaria dentro das súas peticións.

Postos en contacto coa Consellaría recoñecen o erro e comunícannos que no día de hoxe quedará solucionado.

CIG

Desde a CIG Ensino solicitamos da Consellaría que amplíe o  prazo do concurso xeral de traslados ao funcionariado en prácticas da especialidade de PT.

Volver