Ensino público

A CIG-Ensino denuncia os numerosos erros e cambios nas oposicións deste ano

Solicita que a administración refaga nun só documento todas as correccións de erros para que ningunha persoa opositora poda verse prexudicada por non ler unha corrección de erros

A CIG-ENSINO apoia as familias de Pedroso na súa demanda de reapertura da escola pechada

O argumento da Consellaría, prometendo reabrir se hai matrícula, que se utiliza de forma recorrente e como salvagarda no peche de unidades ou de escolas, vemos que é unha mentira e non se cumpre.

Improvisación, falta de rigor e un desprezo máis á nosa lingua nas probas ABAU

A CIG-Ensino acusa tamén á CIUG de actuar con falta de previsión na suspensión do exame desta mañá de Filosofía que tivo que ser adiado até as 16 horas o que retrasou a finalización de todas as probas

A CIG-Ensino defende que o ensino público precisa profesorado recoñecido no Congreso Nacional da FENPROF portuguesa

O secretario nacional, Suso Bermello, participa hoxe e mañá en Lisboa no XIII Congresso Nacional dos Professores no que puxo en valor o papel dos sindicatos para ter un profesorado organizado na loita pola mellora das nosas condicións laborais.

A Xunta de Galiza ponlle unha alfombra vermella á creación dunha universidade privada vinculada a Abanca

A CIG-Ensino reitera a súa oposición e preocupación polos efectos desta privatización no SUG.

Unha nova afronta recentralizadora

O que hai detrás da polémica dunha ABAU única

Erro na publicación das horas de tecnoloxía e segunda lingua estranxeira para o curso 2019/2020

A CIG Ensino detecta e comunica un erro á Consellaría de Educación no número de horas destas áreas

A CIG-Ensino non acode ao Consello Galego de FP tras a negativa da Consellaría a negociar a oferta educativa para o vindeiro curso

A CIG-Ensino non acode ao Consello Galego de FP tras a negativa da Consellaría a negociar a oferta educativa para o vindeiro curso.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
05/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.