Revisión médica
Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2019/2020
Prazo de solicitude: do 24 de setembro ata o 14 de outubro (20 días naturais).
Precisións sobre os prazos de inscrición.
A revisión é para todo o persoal en activo que preste servizos nos centros docentes públicos non universitarios.
A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas.
A dita inscrición realizarase de forma telemática na seguinte ligazón:
https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal
Notas da Consellaría á inscrición.
- A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
- Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
- O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.