A CIG Ensino solicitoulle á Consellaría ampliar o prazo de solicitude da revisión de saúde

A solicitude vén motivada despois de que o último día de prazo cadrase en domingo e, como é preceptivo, debera estenderse ao seguinte día hábil

Solicitamos ante a Secretaría Xeral da Consellaría que se abra a solicitude ao profesorado un día máis e que se anuncie na web

O prazo marcado pola Consellaría de Educación na RESOLUCIÓN DE AUTORIZACIÓN DA DIFUSIÓN DA CAMPAÑA DE VIXILANCIA DA SAÚDE foi de 20 días naturais, que rematou o domingo 13 de outubro. Desde a CIG Ensino entendemos que, tal e como marca a Lei 39/2015 de procedemento administrativo, este prazo se debería ampliar ao seguinte día hábil, é dicir, até hoxe luns, 14 de outubro.  Así o tiñan claro tamén docentes que ao longo do día de hoxe intentaron inscribirse e non puideron facer.

Postos en contacto coa administración para solicitarlle a ampliación do prazo e a corrección do erro cometido, comunicáronnos que non o ampliaría, polo que vimos de remitir un escrito á Secretaría Xeral da Consellaría esixindo a ampliación dun día máis no prazo e que este día se faga público para todo o persoal dos centros educativos.

Desde a CIG-Ensino non entendemos a decisión da Consellaría nunha cuestión que non ten ningún problema de xestión máis que ampliar nun día o uso dunha aplicación e informar ao persoal docente e agardamos unha rectificación á maior brevidade posíbel para evitar que as persoas que quixeron inscribirse hoxe poidan facelo finalmente.

Volver