As OOSS da Mesa Sectorial de Educación reuniranse coa conselleira para abordar o tema do horario lectivo

A reunión conxunta de todas as organizacións será na vindeira semana

Despois de que o secretario xeral técnico e o director xeral de Centros e RRHH propuxeran unha reunión da conselleira con cada organización sindical por separado a próxima semana, con intención de demorar a apertura dunha negociación e de crear división sindical, á que nos opuxemos finalmente accederon a manter un único encontro unitario.

Representantes das catro organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial, CIG-Ensino, CCOO-Ensino, ANPE e FeSP-UGT pecháronse esta mañá fronte ao despacho da conselleira de Educación despois de que non respondera á petición incluída na carta conxunta que lle foi remitida o pasado 11 de outubro. Na misiva solicitábase a apertura dunha negociación para recuperar o horario lectivo recortado por Feijóo con anterioridade ao RD 14/2012, que vén de ser derrogado polo goberno do Estado. En concreto, demandábase a volta aos 18 períodos lectivos máximos en secundaria e aos 21 en primaria, un dereito que xa recuperaron nestes intres outras 7 comunidades autónomas.

Despois dunha estratexia por parte do equipo da conselleira de crear división e intentar gañar tempo, propoñendo unha reunión con cada unha das catro organizacións por separado para a semana que vén, finalmente accederon a convocar un encontró unitario. A data confirmarana esta mesma tarde. O que non é de recibo é que se a escusa inicial para non recibirnos era non ter oco na axenda despois si tivera tempo para catro reunións.

 

Volver