Representantes da CIG-Ensino e demais OOSS péchanse na Consellaría de Educación para esixir a negociación dos horarios lectivos

Despois de non obter resposta á carta conxunta na que se solicitaba unha reunión coa conselleira agardarán en San Caetano até ser recibidos

Esixen a recuperación das 18 e das 21 horas lectivas semanais.

Unha representación da CIG-Ensino xunto con membros das outras organizacións sindicais con representación na mesa sectorial acaba de iniciar esta mañá un peche nas instalacións da Consellaría de Educación logo de que a súa titular non respondera á petición incluída na carta que lle foi remitida por parte de todas as organizacións sindicais o pasado 11 de outubro.

Na misiva solicitábase a apertura dunha negociación para recuperar o horario lectivo recortado por Feijóo con anterioridade ao RD 14/2012, que vén de ser derrogado polo goberno do Estado. En concreto, demandábase a volta aos 18 períodos lectivos máximos en secundaria e aos 21 en primaria, un dereito que xa recuperaron nestes intres outras 7 comunidades autónomas.

Os representantes sindicais teñen a intención de permanecer nas dependencias da Consellaría até ser recibidos pola súa titular.

Volver