Ensino público

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría quere acabar coa transparencia na publicación das vacantes de substitución coa escusa dunha nova aplicación informática

A CIG-Ensino critica que a Consellaría non informase na mesa sectorial, non respondese ás preguntas formuladas e avance agora nun sistema que reduce a transparencia na publicación das vacantes de substitucións

A CIG-Ensino denuncia o caos organizativo da Consellaría coas avaliacións de diagnóstico e reclama a liberación horaria do profesorado responsábel das mesmas

Centros e profesorado afrontan, o vindeiro luns, o inicio das probas sen instrucións claras, sen información suficiente e sen garantías sobre a súa aplicación

O alumnado do CEIP Virxe do Portal non acude a clase por mor do precario estado do centro

A ANPA do CEIP Virxe do Portal, de Sobrado dos Monxes, decidiu que o alumnado non acudise a clase non só durante o día de hoxe, 7 de abril, senón tamén os días seguintes, 8 e 9

A presión da CIG-Ensino materialízase en avances na negociación do Plan de Igualdade

O sindicato anima ao profesorado a facer achegas ao primeiro borrador de protocolo de acoso que foi facilitado no día de hoxe pola administración e a colaborar na construción das futuras medidas que conterá o Plan de Igualdade

A CIG-Ensino denuncia que as avaliacións de diagnóstico supoñen unha nova sobrecarga laboral e burocrática para o profesorado

O sindicato critica as avaliacións externas estandarizadas que non se adaptan ao contexto do alumnado, nin se materializan en medidas que melloren a calidade do ensino público

A CIG-Ensino volve esixir o cese do novo Director Territorial, José Santiago Freire Abeijón

A Xunta de Persoal docente da Coruña manifesta publicamente o seu firme rexeitamento ao nomeamento do novo Director Territorial, José Santiago Freire Abeijón, ao considerar que non reúne o perfil profesional nin persoal axeitado para desempeñar o cargo

O CORRELINGUA chega á súa 26º edición con máis forza ca nunca.

A festa da lingua percorrerá 12 cidades galegas con música en directo, xogos, carreiras e outras actividades coa finalidade de seguir combinando reivindicación e lecer e de aglutinar a miles de estudantes arredor da normalización do galego.

A CIG-Ensino concéntrase para denunciar o estado dos centros educativos galegos

Esixe na mesma concentración o cese do novo Director Territorial de Educación de A Coruña

A asemblea do proceso Lingua Vital ratifica o protocolo para reverter a emerxencia lingüística

A asemblea amosou o seu apoio unánime á proposta, que entra agora na fase de aplicación por parte das entidades sociais e institucións adheridas.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
03/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.