Ensino público

Arranca o Correlingua 2026 baixo o lema “Co galego no corazón facemos a revolución”

Hoxe ten lugar en Compostela a primeira das 12 carreiras e festas que ateigarán de reivindicación e de celebración da nosa lingua a partes iguais vilas e cidades galegas e que teñen o estudantado como protagonista.

A comunidade educativa galega volverá ás rúas o 6 de maio en defensa do ensino público

A CIG-Ensino chama o profesorado a participar nas máis de 20 mobilizacións convocadas en toda Galiza

Milleiros de persoas mobilízanse coa CIG este 1 de Maio contra o imperialismo, pola paz, por traballo digno e dereitos

O sindicato levou o seu acto central a Lugo en resposta á deriva autoritaria e golpista do PP

Profesorado farto de propaganda toma Compostela na sexta xornada de folga no ensino público

Máis de 5.000 persoas marchan para reclamar melloras laborais, recuperar dereitos e rexeitar as políticas educativas da Xunta.

O profesorado galego irá mañá á folga por sexta vez este curso para negociar melloras laborais reais e a garantía do seu cumprimento

Ás 12 da mañá sairá a manifestación da Alameda compostelá que percorrerá as rúas da capital galega para rematar na Consellaría coa lectura dun manifesto a cargo de sete docentes que representan os distintos colectivos e ensinanzas

A convocatoria da sexta xornada de folga fai reaxir á Consellaría coa redución de ratios e horarios en secundaria pero segue sen atender as demandas de todo o profesorado

A CIG-Ensino critica que, unha vez máis, se negociara fóra da Mesa Sectorial, o único órgano lexitimado para facelo e contrapón a actitude de Educación coa de Sanidade e a do resto da Xunta que se reúnen e negocian coa CIG como sindicato maioritario.

Os servizos mínimos da folga do 28 de abril, martes, son dunha persoa da dirección

Serán publicados no DOG previamente á xornada de folga

A CIG-Ensino logra melloras significativas para o futuro Protocolo de Acoso

A maioría das alegacións presentadas polo sindicato, con achegas do propio profesorado, foron aceptadas pola administración educativa

A Consellaría executa e anuncia plans millonarios para a FP sen que se traduza nunha mellora das condicións laborais do profesorado nin nun incremento considerábel da oferta pública

Entre o Plan Conecta FP, o Plan FPGal360 e o Plan Innova FP suman preto de 100 millóns de euros desde 2023, uns fondos que maioritariamente se destinan a propaganda e a satisfacer as necesidades das empresas.

A Consellería de Educación aplica a censura na formación do profesorado amparándose na “neutralidade ideolóxica”

O control ideolóxico cérnese agora sobre a proposta formativa de NEG e a AGAPPAZ “Palestina e máis alá. Educar na vida en tempos de xenocidio” á que a Consellaría vén de negarlle a homologación por non cumprir o principio de neutralidade ideolóxica.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
14/10/2026
Outros 13 Outubro 2026
Programa Talentos inclusivos

Resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na VII edición do programa educativo Talentos Inclusivos durante o curso 2026/27.

Outros 13 Outubro 2026
Listaxes definitivas para cubrir as substitucións

Publica a Consellaría as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitución no curso académico 2026/2027.

Outros 13 Outubro 2026
Listaxes abertas de substitucións en secundaria

A Consellaría anuncia a apertura de listaxes para cubrir substitucións en varias especialidades de ensino secundario.

Outros 13 Outubro 2026
Listaxe para cubrir substitucións en EOI

A Consellaría anuncia a apertura dun prazo para se inscribir nas listaxes para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de árabe, italiano, xaponés e portugués de Escola Oficial de Idiomas.

Outros 13 Outubro 2026
Substitucións en profesorado de sectores singulares de FP

Abre o prazo para solicitar entrar nas listaxes para cubrir substitucións e interinidades nas especialidades de Fabricación e instalación de carpintería e moble e Mecanizado e mantemento de máquinas do corpo de PESSFP.

Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Que non te líen, ti elixes!'

Publica a web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na 1º convocatoria do curso 2026/27 no programa educativo 'Que non te líen, ti elixes'.