Ensino público

A Secretaría das Mulleres da CIG súmase á conmemoración do Día de Rosalía de Castro

A central destaca a súa figura como referente feminista da nación galega e anima a ler, compartir e reivindicar a súa obra

Publicada a resolución provisional do CXT

Infantil, primaria, secundaria, outros corpos e orientación de primaria

A CIG-Ensino parabeniza a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Covas pola conquista acadada coa ampliación do cadro docente despois de semanas de reivindicacións

A vindeira semana hai convocadas varias manifestacións centradas na mellora da atención á diversidade nos centros públicos. En Santiago, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego, organiza unha marcha o sábado, 28 de febreiro, ás 12 da mañá.

A Consellaría anulou arbitrariamente prazas nos CMUS Superiores no CXT do 2025.

Así o fixa unha sentenza que obriga a adxudicar unha praza de Piano a un docente a quen se lle modificou a adxudicación provisional sen ningún tipo de xustificación. A medida afectou directamente a 14 docentes e indirectamente a moitos máis.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca manifestación nacional o 28 en Compostela en demanda de medidas para atender a diversidade

A marcha sairá ás 12 horas da Alameda compostelá e está aberta á participación de toda a sociedade galega, así como de asociacións vinculadas ao ensino e á diversidade funcional. Está previsto que haxa servizo de autobuses desde distintas comarcas.

Nova oportunidade perdida nos cambios introducidos na regulamentación do persoal interino e substituto para mellorar os dereitos deste colectivo

Na Mesa Sectorial a CIG-Ensino reclamou unha cláusula de estabilidade para o persoal interino con máis antigüidade e que se cumpra o pagamento do verán ao persoal substituto con máis de 5 meses e medio traballados.

A CIG denuncia o papel de MUFACE e da sanidade privada: unha sentenza avala que o negocio non pode estar por riba da saúde

A Mutualidade do persoal público negouse a asumir o custo dunha intervención oncolóxica para aforrarlle gastos á aseguradora.

A CIG-Ensino acusa ao conselleiro de mentir e denuncia que a oferta de emprego público docente é a peor dos últimos sete anos

Con respecto ás prazas convocadas para a atención á diversidade (especialidades de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Orientación) é a segunda peor oferta neste período de tempo.

A CIG-Ensino cualifica de escandaloso que se anuncie “avanzar na negociación da recuperación horaria” sen concretar ningunha mellora para o profesorado nin para o ensino público

Despois de dous anos e medio de vixencia a única modificación que se fai é emendar o texto no sentido en que pedía a CIG en outubro de 2023 desligando a redución horaria en secundaria da negociación das 35 horas semanais para o persoal empregado da Xunta

Balance moi positivo dos 16 peches organizados en dúas semanas con alta participación das familias

A estas horas teñen lugar en Carballo, Rianxo e Ponteareas os últimos encerros en centros educativos para visibilizar as demandas do profesorado e esixir a apertura de negociacións coa Consellaría

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
03/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.