A comunidade educativa galega volverá ás rúas o 6 de maio en defensa do ensino público

A CIG-Ensino chama o profesorado a participar nas máis de 20 mobilizacións convocadas en toda Galiza

A comunidade educativa galega volverá saír á rúa o vindeiro mércores 6 de maio pola tarde para reclamar un ensino público galego con máis medios, máis profesorado e mellores condicións nos centros.

As mobilizacións desenvolveranse en máis de vinte localidades das catro provincias, nunha nova xornada de loita que pretende visibilizar o malestar existente nas aulas e nos centros educativos diante dunha realidade marcada pola falta de recursos, a sobrecarga laboral, a masificación e a necesidade urxente de reforzar o ensino público.

A CIG-Ensino chama todo o profesorado a participar activamente nesta nova convocatoria e a contribuír a encher as rúas, xunto co conxunto da comunidade educativa, para esixir medidas reais e inmediatas que permitan mudar a situación que se vive nos centros.

A defensa do ensino público galego precisa dunha resposta ampla, firme e sostida. O 6 de maio é unha nova oportunidade para demostrar que a comunidade educativa non acepta máis promesas baleiras nin medidas insuficientes.

Mobilizacións convocadas

A Coruña

A Coruña
18:00 h · Parque de Catro Camiños, detrás do Remanso

Carballo
19:00 h · Desde a praza de Galicia

Cee
19:00 h · Praza 8 de marzo

Compostela
19:00 h · Desde a praza Roxa

Ferrol
18:30 h · Desde a praza Amada García, diante do edificio da Xunta

Muros
19:00 h · Praza da Vila

Porto do Son
19:00 h · Secadoiro de Congrios do Porto do Son

Lugo

Lugo
19:00 h · Desde a praza Horta do Seminario

Monforte
19:00 h · Desde a praza de España

Ribadeo
19:00 h · Desde o parque Rafael Fernández Cardoso, EOI

Viveiro
19:00 h · Desde a praza Maior de Viveiro

Ourense

O Carballiño
19:00 h · Praza do Concello

Ourense
19:00 h · Desde a rúa do Concello, diante do Departamento Territorial

Verín
19:00 h · Desde o Concello de Verín

Pontevedra

A Estrada
19:00 h · Praza do Mercado

Mos e O Porriño
Saídas separadas con final conxunto:
Mos: 19:00 h · Explanada de Queen
O Porriño: 19:00 h · Praza do Concello

O Morrazo
19:00 h · Desde a praza do Concello de Cangas

O Salnés — O Grove
19:30 h · Desde a praza do Corgo, O Grove

Ponteareas
19:00 h · Saída do IES Val do Tea

Pontevedra
19:00 h · A Peregrina

Redondela
19:00 h · Praza do Concello de Redondela

Val Miñor
19:00 h · Capela de San Campio, Ramallosa

Vigo
19:00 h · Vía Norte con Urzaiz, Vialia

Vila de Cruces
19:00 h · Saída do IES Marco do Camballón

Volver