A CIG-Ensino solicita a corrección da grave situación que presentan as infraestruturas de moitos centros da provincia de Lugo
En concreto, lembrou as deficiencias estruturais dos centros CEIP Plurilingüe Vista Alegre e IES Perdouro, ambos de Burela, e do CEIP O Vicedo.
A resposta da administración no Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Lugo foi negativa. Non contemplan realizar arranxos e afirman que o orzamento para 2026 xa está agotado. Así mesmo, desviaron a responsabilidade cara unha hipotética mala actuación por parte dos respectivos concellos.
En relación coa grave situación de deterioro dos centros de ensino da provincia, a CIG Ensino solicitou que os Informes de Sinistralidade en Centros incorporen e especifiquen cal é a causa dos accidentes laborais sufridos nas súas instalacións para coñecer se teñen relación co deterioro que presentan as infraestruturas dos centros de ensino.
Outras das achegas realizadas por parte da CIG Ensino durante a reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da provincia de Lugo foi a necesidade de realizar unha avaliación dos riscos psicosociais para as e os docentes, así como a necesidade de que se realice unha avaliación específica dos riscos existentes nos talleres e laboratorios da Formación Profesional. Por último instouse a que a administración educativa a responsabilidade de asegurar a formación en seguridade, así como os seus dereitos laborais, para o alumnado da FP Dual antes da súa incorporación aos centros de traballo e que a inspección educativa e os Servizos de Prevención de Riscos vixíen que as empresas cumpran a normativa de prevención de riscos.
Novas relacionadas

