Ensino privado

CIG-Ensino, UGT, CCOO-Ensino, USO e SNEP reafirman a unidade sindical no sector do ensino concertado galego e anuncian que continúan coas mobilizacións como única vía para abrir a mesa tripartita concertada

As OO.SS, CIG-Ensino, UGT, CCOO Ensino, USO e SNEP reafirmamos a nosa unidade sindical no sector do ensino concertado galego, logo da ruptura sindical de FSIE.

Denuncian o atraso na licitación da escola infantil municipal de Vilagarcía

A CIG desenvolveu unha nova mobilización este sábado para reclamar a axilización do proceso ou a xestión directa do centro

A caravana reivindicativa chega a Compostela para exixir melloras laborais nos sectores da discapacidade, menores e educación infantil 0-3

Teñen convocada para mañá unha manifestación desde o Monte do Gozo, ás 11:00h, até San Caetano e unha nova xornada de folga á que se sumará o persoal dos centros públicos de 0-3

Arrinca en Arzúa o Camiño de Santiago reivindicativo por melloras nos sectores da discapacidade, menores e infantil 0-3

A mobilización culminará o mércores cunha folga parcial de 6 horas (das 9 ás 15 horas) e cunha marcha desde o Monte do Gozo até a sede da Xunta, en San Caetano, con saída ás 11 horas

O comité de folga da CIG-Ensino dos sectores privados de discapacidade, menores e infantil 0-3 rexeita a proposta de servizos mínimos de Política Social e Educación para o 3 de xuño

As dúas Consellarías con competencias nestes tres servizos “públicos” esenciais trasladaron e impuxeron, ao carecer de negociación, uns servizos mínimos que só van permitir que entre un 20 e un 30% do persoal a secunde.

Unha caravana de persoal do ensino concertado percorre as rúas de Vigo e A Coruña por melloras laborais e salariais

A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións acordadas ante a falta de vontade negociadora da Consellaría

CIG-Ensino, CUT, SNEP e CIG-Autonómica convocan paro parcial o próximo mércores nos sectores de infantil 0-3 anos, discapacidade e menores e tres etapas reivindicativas de Camiño de Santiago desde hoxe

Hoxe luns e mañá martes terán lugar caravanas de coches reivindicativas con saída ás 11:30 horas desde Arzúa e Arca. A peregrinación rematará o mércores 3, coincidindo co paro laboral de 9 a 15h. Haberá manifestación desde o Monte do Gozo até a Xunta.

Persoal dos sectores de discapacidade, menores e infantil 0-3 exixe dignidade laboral e salarial

Durante a concentración na delegación de Política Social na Coruña anunciouse a convocatoria de folga para o 3 de xuño

A CIG-Ensino, FSIE, UGT, CCOO, USO e SNEP anuncian novas mobilizacións no ensino concertado ante a calada por resposta da Consellaría que se amosa coma unha auténtica fábrica de conflitos

As seis OO.SS convocan unha caravana de coches para o 28 de maio nas cidades de Vigo e A Coruña, unha manifestación rodeando San Caetano o día 29 deste mes e se non hai avances nas súas reclamacións folga o primeiro día lectivo do curso 26-27.

Delegados/as do ensino concertado concéntrase diante da Consellería de Educación en prol das súas xustas e lexítimas reivindicacións

A CIG-Ensino, FSIE, UGT, CCOO, USO e SNEP comezan unha serie de mobilizacións ante a Consellería de Educación trala nula negociación amosada por esta na Mesa da Comisión Tripartita do Ensino Concertado