Calendario
Eventos do mes Decembro de 2020
Admisión de alumnado
Publicada no DOG a orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado nos centros docentes de 2º ciclo de infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato.
Club de letras
Publicada a relación definitiva de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa "Club de Letras" no curso 2020/21.
Premio Boas prácticas de educación inclusiva
Na web da Consellaría a resolución definitiva cos centros merecentes do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020 durante o curso escolar 2019/20.
Profesorado visitante no exterior
Publicada no BOE a convocatoria de prazas para profesorado visitante no exterior para o curso académico 2021-22.
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE
Publicada na web a proposta de resolución provisional das axudas a centros privados concertados para atención de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2020/2021.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Publicada a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20.
Uso dos servizos educativos dixitais corporativos
Publicadas na web da Consellaría as instrucións relativas ao uso dos servizos educativos dixitais corporativos no marco da emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19.
Interinidades en música
Publicada na páxina web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremos provisional para cubrir interinidades ou substitucións na especialidade de música do corpo de secundaria.
Interinidades en Lingua e literatura galegas
Relación provisional na web da Consellaría da listaxe de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de lingua e literatura galegas do corpo de secundaria.
Bibliotecas escolares solidarias
Publicados na páxina web os centros adheridos ás inciativas 'Voluntariado de lectura-A', en primaria, e 'Voluntariado na biblioteca escolar' (secundaria) do programa Bibliotecas escolares solidarias (curso 2020-2021).
Interinidades en fundamentos de composición
Publica a Consellaría na súa páxina web a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de fundamentos de composición (corpo de profesorado de música e artes escénicas).
Contratos programa
Na web da Consellaría a resolución definitiva dos Contratos-programa 2020/21 e a listaxe definitiva de centros seleccionados.
Programa Eduemprende
Amplíase, ata o 22 de decembro de 2020, o prazo de presentación de solicitudes dos seguintes programas enmarcados no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende: Atrévete, EduTecEmprende, Grand prix financeiro, Finanzas para mortais e Preparados para o salto.
Interinidades en asesoría e procesos de imaxe persoal
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para cubrir interinidades ou substitucións da especialidade de asesoría e procesos de imaxe persoal (profesorado de secundaria).
Proxectos de formación en FP
Na páxina web da Consellaría a resolución definitiva de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2020-2021.
Interinidades en procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
A web da Consellaría publica a relación provisional do persoal admitido e excluído e o baremo provisional da listaxe para cubrir interinidades ou substitucións na especialidade de procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico (PTFP).
Interinidades en audición e linguaxe
Publicada na web da Consellaría a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo da especialidade de audición e linguaxe do corpo de mestres.
Interinidades en francés de primaria
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de francés no corpo de mestres.
Interinidades en clave
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para cubrir interinidades ou substitucións na especialidade de clave do corpo de profesorado de música e artes escénicas.
Interinidades en contrabaixo
Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para cubrir interinidades e substitucións en contrabaixo (profesorado de música e artes escénicas).
Interinidades en percusión
Publica a Consellaría a relación definitiva de interinidades e substitucións para a especialidade de percusión no corpo de profesorado de música e artes escénicas.
Interinidades en informática
Publica a Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de informática do corpo de profesorado de secundaria.
Interinidades en lingua castelá e literatura
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de lingua castelá e literatura.
Atención a alumnado vulnerábel durante a pandemia
Publicadas no DOG as instrucións para a atención educativa ao alumnado vulnerable ou alumnado con conviventes vulnerables durante o curso 2020/21 como consecuencia da pandemia da COVID-19.
Interinidades en inglés de EOI
Publicada a relación definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de inglés de Escola Oficial de Idiomas.
Interinidades en mecanizado e mantemento de máquinas
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de mecanizado e mantemento de máquinas do corpo de PTFP.
Interinidades en sistemas e aplicacións informáticas
A Consellaría publica na web a relación provisional de persoas admitido e excluído e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de formación profesional de sistemas e aplicacións informáticas.
Interinidades en relixión católica
Publicado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de ESO e bacharelato.
Interinidades en francés
Publica a Consellaría na súa web a relación definitiva de persoal admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de francés do corpo de secundaria.
Formación permanente do profesorado
Listaxe definitiva dos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos no curso 2020/2021.
Novo nome para o CEIP de Castrelo do Val
Autoriza a Consellaría o cambio de denominación do CEIP Castrelo do Val (Ourense) que pasa chamarse CEIP plurilingüe Raúl Fernández.
Concurso de adultos
Publicada no DOG a orde pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de secundaria, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Concurso de orientación
Convocado o concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos CEIPs, CEPs e CEEs.
Interinidades en procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para cubrir interinidades ou substitucións na especialidade de procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos (PES).
Clubes de lectura
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional dos Clubes de Lectura para o curso 2020/2021.
Interinidades en fabricación e instalación de carpintería e moble
Publicada a relación definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo da listaxe de interinidades e substitucións da especialidade de FP de fabricación e instalación de carpintería e moble.