Calendario

Eventos do mes Novembro de 2020

Outros 30/11/2020
Clube de ciencia

Publicada a resolución definitiva de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" durante o curso 2020/21.

Outros 30/11/2020
Robótica en primaria

Na web da Consellaría a resolución definitiva de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2020/21.

Outros 30/11/2020
Premios educativos Innovagal

Anunciada a resolución provisional dos  premios educativos Innovagal para o profesorado e os centros docentes públicos durante o curso escolar 2020/2021.

Outros 30/11/2020
Interinidades en contrabaixo

Publicada a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional para impartir interinidades e substitucións na especialidade de contrabaixo, corpo de música e artes escénicas.

Outros 30/11/2020
Atención a alumnado vulnerábel durante a pandemia

Publica a Consellaría unhas instrucións para a atención educativa ao alumnado vulnerable ou alumnado con conviventes vulnerables durante o curso 2020-2021 como consecuencia da pandemia da COVID-19.

Outros 27/11/2020
Interinidades en clave

Publica a Consellaría na súa páxina web a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de clave do corpo de profesorado de música e artes escénicas.

Outros 27/11/2020
Interinidades en sistemas electrónicos

Publicada a relación definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de sistemas electrónicos.

Outros 27/11/2020
Interinidades en sistemas electrotécnicos e automáticos

Na web da Consellaría a relación definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo da especialidade de secundaria de sistemas electrotécnicos e automáticos para cubrir interinidades e substitucións.

Outros 27/11/2020
Interinidades en equipamentos electrónicos

Publicada a listaxe definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo para impartir docencia cubrindo interinidades ou substitucións en formación profesional na especialidade de equipamentos electrónicos.

Outros 27/11/2020
Interinidades en instalacións electrotécnicas

Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo da especialidade de instalacións electrotécnicas (PTFP) para cubrir interinidades e substitucións.

Outros 26/11/2020
Interinidades en fundamentos de composición

Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional das listas para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de fundamentos de composición do corpo de música e artes escénicas.

Outros 26/11/2020
Proxectos de innovación na FP

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos.

DOG 25/11/2020
Instrucións sobre o RD coas medidas urxentes no ensino

Publicada a resolución coas instrucións para o desenvolvemento do Real decreto lei 31/2020, do 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria.

Outros 25/11/2020
Iniciativa EnCANTame Ler 2020

Anuncia a Consellaría na súa páxina web a anulación da convocatoria EnCÁNTame Ler 2020 de lectura apoiada por cans.

Outros 25/11/2020
Proxectos de formación en FP

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2020-2021.

DOG 24/11/2020
Novas unidades para un centro privado

Autorizados novos ciclos formativos para impartir no centro privado plurilingüe Lar, de Mos (Pontevedra).

DOG 24/11/2020
Novo centro Semente

Autorizada a apertura e funcionamento do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda (A Coruña).

DOG 24/11/2020
Formación en empresas durante a COVID19

Publicadas no DOG as  instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.

DOG 24/11/2020
Concurso Eduemprende Idea 2020

Publicada a resolución de concesión do concurso Eduemprende Idea 2020.

Outros 24/11/2020
Interinidades en lingua castelá e literatura

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional e o baremo provisional de persoal admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de lingua castelá e literatura de secundaria.

Outros 24/11/2020
Interinidades en fútbol

Anunciada a resolución definitiva de persoal admitido e excuído así como o baremo definitivo para impartir interinidades e substitucións na especialidade de fútbol (secundaria).

Outros 24/11/2020
Interinidades en servizos de restauración

Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoal admitido e excluído así como o baremo definitivo para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de FP de servizos de restauración.

Outros 23/11/2020
Formación para profesorado de FP

Publicada na web da Consellaría a resolución de avaliación da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional correspondente á convocatoria do curso 2019-2020.

DOG 20/11/2020
Absentismo con orixe na COVID19

Publica o DOG a orde coa creación as comisións provinciais de seguimento ante as posibles situacións de absentismo con orixe na COVID-19.

Outros 20/11/2020
Interinidades en organización e proxectos de fabricación mecánica

Publicada a listaxe definitiva de admitidos e excluídos e o baremo definitivo para as listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de secundaria de organización e proxectos de fabricación mecánica.

Outros 20/11/2020
Contratos programa

Na web da Consellaría publícase a resolución provisional Contratos-programa 2020/21 e a  listaxe provisional de centros seleccionados.

Outros 19/11/2020
Formación permanente do profesorado

Publicada a listaxe provisional dos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos no curso 2020/2021.

Outros 19/11/2020
Formación en empresas durante a COVID19

A Consellaría publica unhas  instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de FP, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.

Outros 19/11/2020
Interinidades en francés de primaria

Na web da Consellaría arelación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, especialidade de francés.

DOG 18/11/2020
Subvencións directas a centros concertados

Publica o DOG a orde onde se regula a concesión directa de subvencións a centros docentes privados concertados para afrontar gastos de organización e funcionamento no curso 2020/21 derivados da COVID-19.

Outros 18/11/2020
Interinidades en asesoría e procesos de imaxe persoal

Publica a Consellaría na súa páxina web a relación provisional e o baremo provisional de persoal admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións na especialide de asesoría e procesos de imaxe persoal (secundaria).

Outros 18/11/2020
Interinidades en filosofía

Na web da Consellaría a relación definitiva e o baremo definitivo de persoal admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de filosofía.

Outros 18/11/2020
Interinidades en audición e linguaxe

Na web da Consellaría a relación provisional e o baremo provisional de persoal admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de primaria de audición e linguaxe (AL).

Outros 18/11/2020
Acordo de persoal interino e substituto

Anúnciase na web da Consellaría a próxima publicación en DOG da resolución coas medidas urxentes a adoptar no ensino non universitario en relación ás condicións de acceso ás listaxes de interinidades e substitucións na época da pandemia pola COVID19.

Outros 17/11/2020
Novas listaxes para cubrir substitucións

Anuncia a Consellaría a apertura dun novo procedemento polo que se abrirán listaxes para cubrir interinidades e substitucións  no corpo de secundaria en Física e química, Música, Tecnoloxía, Lingua e literatura galega, Informática e no corpo de PTFP en Mecanizado e mantemento de máquinas, Procesos de xestión administrativa e Sistemas e aplicacións informáticas.

Outros 16/11/2020
Bibliotecas escolares solidarias

A Consellaría publica a convocatoria do programa Bibliotecas escolares solidarias para o curso 2020/2021.

Outros 16/11/2020
Grupo técnico COVID19 da Consellaría de Educación

Creado o Grupo Técnico Covid19 no ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Outros 16/11/2020
Interinidades en fabricación e instalación de carpintería e moble

Publicada a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de PTFP de fabricación e instalación de carpintería e moble.

DOG 13/11/2020
Máscaras para o alumnado

Publica o DOG a orde que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de primaria, ESO e educación especial en centros docentes públicos.

Outros 13/11/2020
Interinidades en grego

Publicada a relación definitiva e o baremo definitivo de persoal admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de grego.

Outros 13/11/2020
Interinidades en latín

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo para cubrir interinidades e substiticións na especialidade de latín de ensino secundario.

Outros 13/11/2020
Interinidades en servizos de restauración

Publicada a listaxe provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional das listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de PTFP de servizos de restauración.

DOG 12/11/2020
Premios na ESO ao rendemento académico

No DOG a  concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

Outros 12/11/2020
Interinidades en francés

Publicada a relación provisional de persoal admitido e excluído e máis o baremo provisional da especialidade de secundaria de francés.

Outros 12/11/2020
Interinidades en cociña e pastelaría

Publicadas na web da Consellaría a relación definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo da especialidade de cociña e pastelaría de PTFP. 

Outros 12/11/2020
Interinidades en patronaxe e confección

Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoal excluído e admitido e o baremo definitivo da especialidade de patronaxe e confección de PTFP.

Outros 12/11/2020
Interinidades en soldadura

Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoal excluído e admitido e o baremo definitivo da especialidade de soldadura de PTFP.

Outros 12/11/2020
Plan Proxecta

Na web da Consellaría a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2020/21.

Outros 12/11/2020
Premio Boas prácticas de educación inclusiva

Publicada a relación provisional de centros premiados no certame Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020.

DOG 11/11/2020
Novos funcionarios de carreira

Publicada unha orde onde aparece o nomeamento de funcionarios e funcionarias de carreira a profesorado que tiña adiada a fase de prácticas.

Outros 11/11/2020
Interinidades en peiteado

Na web da Consellaría a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións no corpo de PTFP na especialidade de peiteado.

DOG 10/11/2020
Premios extraordinarios de FP

Publicada no DOG a orde coa concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19.

DOG 10/11/2020
Premios extraordinarios de bacharelato

Publicada a  concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20.

Outros 10/11/2020
Interinidades en percusión

Na web da Consellaría a relación provisional e o baremo provisional do persoal admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de percusión no corpo de profesorado de música.

Outros 10/11/2020
Interinidades en PT

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de mestres da especialidae de Pedagoxía Terapéutica.

Outros 09/11/2020
Programa Eduemprende

Na web da Consellaría publícase a resolución coa convocatoria dos programas Eduemprende para o curso 2020/2021.

Outros 09/11/2020
Interinidades en sistemas electrónicos

Publica a web da Consellaría a relación provisional de persoal admitido e o baremo provisional da listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de sistemas electrónicos.

Outros 09/11/2020
Interinidades en sistemas electrotécnicos e automáticos

Na web da Consellaría a relación provisional de persoal admitido e o baremo provisional da listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de sistemas electrotécnicos e automáticos.

Outros 09/11/2020
Interinidades en equipos electrónicos

Publica a Consellaría na súa páxina web a relación provisional de persoal admitido e o baremo provisional da listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de PTFP de equipos electrónicos.

Outros 09/11/2020
Interinidades en instalacións electrotécnicas

Na web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e o baremo provisional das listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de PTFP de instalacións electrotécnicas.

Outros 09/11/2020
Premios Boas prácticas

Anunciada a relación provisional de centros premiados no certame Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020 durante o curso escolar 2019/20.

DOG 06/11/2020
Curso de actualización da función directiva

Publicada no DOG a convocatoria do curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

Outros 06/11/2020
Interinidades en fútbol

Publicada a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional para a listaxe de interinidades e substitucións da especialidade de secundaria de fútbol.

DOG 05/11/2020
Catálogo de primaria

Publicada no DOG unha corrección de erros nas unidades e postos de traballo docentes dos centros públicos de educación infantil, educación primaria e educación especial.

Outros 05/11/2020
Interinidades en grego

Publica a Consellaría a listaxe provisional de persoal admitido e o baremo provisional para interinidades e substitucións na especilidade de secundaria de grego.

Outros 05/11/2020
Interinidades en latín

Na web da Consellaría a relación provisional e o baremo provisional de persoal admitido para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de latín.

Outros 05/11/2020
Protocolo COVID para actividades extraescolares

A Consellaría publica unha actualización do protocolo COVID19 referido ao desenvolvemento de actividades extraescolares en centros educativos.

Outros 05/11/2020
Ventilación nos centros escolares

A Consellaría publica unhas recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da Covid-19 para centros educativos non universitarios.

Outros 05/11/2020
Equipamento para alumnado en situación de fenda dixital

Publicado na páxina web da Consellaría o procedemento de xestión de equipamento para o alumnado en situación de fenda dixital no contexto da pandemia pola COVID19.

Outros 04/11/2020
Axudas a centros privados concertados

A Consellaría publica a relación provisional de axudas a centros privados concertados para as súas bibliotecas escolares.

DOG 03/11/2020
Fondo de acción social

No DOG as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Outros 03/11/2020
Titorías do curso de formación didáctica do profesorado de FP

A web da Consellaría publica a selección definitiva de docentes para a titorización do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.

Outros 03/11/2020
Interinidades en filosofía

Publicada a resolución provisional e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de filosofía.

Outros 03/11/2020
Interinidades en matemáticas

A páxina web da Consellaría publica a resolución definitiva e o baremo definitivo das listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de secundaria de matemáticas.

Outros 03/11/2020
Elaboración de horarios en períodos de peche de aulas

Publica a Consellaría a resolución pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19.

Outros 03/11/2020
Plan de continxencia antes peches

Na web da Consellaría o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario para o curso 2020-2021.

DOG 02/11/2020
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE

Publica o DOG a orde pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2020/21.

DOG 02/11/2020
Lectorados de lingua galega

Anúnciase a convocatoria de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2020.

Outros 02/11/2020
Interinidades en organización e proxectos de fabricación mecánica

A web da Consellaría publica a relación provisional de persoal admitido e o baremo provisional das listaxes de secundaria de interinidades e substitucións de organiación e proxectos de fabricación mecánica.

Outros 02/11/2020
Guía do programa de auxiliares de conversa

A Consellaría publica na súa páxina web a guía do programa de auxiliares de conversa para o curso 2020/2021.

< Novembro 2020 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario