Calendario
Eventos do día 30 de Novembro de 2020
Clube de ciencia
Publicada a resolución definitiva de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" durante o curso 2020/21.
Robótica en primaria
Na web da Consellaría a resolución definitiva de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2020/21.
Premios educativos Innovagal
Anunciada a resolución provisional dos premios educativos Innovagal para o profesorado e os centros docentes públicos durante o curso escolar 2020/2021.
Interinidades en contrabaixo
Publicada a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional para impartir interinidades e substitucións na especialidade de contrabaixo, corpo de música e artes escénicas.
Atención a alumnado vulnerábel durante a pandemia
Publica a Consellaría unhas instrucións para a atención educativa ao alumnado vulnerable ou alumnado con conviventes vulnerables durante o curso 2020-2021 como consecuencia da pandemia da COVID-19.