Calendario
24/11/2020
Novas unidades para un centro privado
Autorizados novos ciclos formativos para impartir no centro privado plurilingüe Lar, de Mos (Pontevedra).
Novo centro Semente
Autorizada a apertura e funcionamento do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda (A Coruña).
Formación en empresas durante a COVID19
Publicadas no DOG as instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.
Concurso Eduemprende Idea 2020
Publicada a resolución de concesión do concurso Eduemprende Idea 2020.
Interinidades en lingua castelá e literatura
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional e o baremo provisional de persoal admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de lingua castelá e literatura de secundaria.
Interinidades en fútbol
Anunciada a resolución definitiva de persoal admitido e excuído así como o baremo definitivo para impartir interinidades e substitucións na especialidade de fútbol (secundaria).
Interinidades en servizos de restauración
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoal admitido e excluído así como o baremo definitivo para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de FP de servizos de restauración.